A imaxe

Xa que nas últimas interactivas dedicamoslle certo tempo a imaxe, este blog vai ir sobre eso. 

E sobre todo neste blog imos falar de catro tópicos que son: a polisemia das imaxes, o seu poder, a relación ver-saber e o vinculo das imaxes coas palabras.

O poder das imaxes. Hai imaxes que nos fan chorar, outras teñen a capacidade de facernos estremecer de emoción e tenrura; algunhas poden lograr que exclamemos, e outras, directamente consiguen que apartemos a vista. As imaxes provocannos, despertan reaccións. Son como uns "potentes prismáticos" que intesifican a experencia e iluminan realidades que de outro modo pasarían inadvertidas. Por eso os estudiosos da cultura visual insisten en que as imaxes son poderosos vehículos de transmisión de ideas, valores, emocións. E cumplen moitas funcións. Di a historiadora do arte Laura Malosetti que o que otorga primacia as imaxes visuais en materia de aprendizaxe é o seu poder de activación (da atención, das emocións) no observador. 

A polisemia. Outro rasgo central das imaxes é a súa ambigüedade, a súa polisemia, a súa apertura a múltiples significados nunca dados de anteman. As imaxes non son transparentes nin unívocas. A polisemia das imaxes pode chegar a explicar certa sensación de falta de control ou desorden no traballo pedagóxico con elas, sensación que é desexable animarse a transitar pois os resultados poden ser insospeitados. 

A relación entre palabra e imaxe. Moitas veces decimos que hai imáxes que nos deixan mudos ou que nos sobrepasan; ou que as palabras non alcanzan a dar conta do que unha imaxe si pode. Pero tamén hai situacións nas que as palabras nos auxilian para entender, explicar e facer falar a aquelas imaxes que parecen ofrecer resistencia o entendemento e a comprensión. As palabras e imaxes son irreductibles unhas a outras, pero ao mesmo tempo, están absolutamente intrincadas. 

A relación entre ver e saber. ¿Qué vemos cando miramos? ¿Solo vemos o que sabemos? ¿É posible ver máis alá do noso saber? ¿O que vemos interroga os nosos saberes? É certo que os nosos saberes configuran as nosas miradas. Pero tamén é posible que, ante unha experencia visual, nos encontremos vendo máis alá do que sabemos ou do que esperábamos ver: unha imaxe pode cuestionar os nosos saberes e desestabillizalos. 

Resumindo, se queremos traballar pedagoxicamente con imaxes debemos ter en conta o seus poderes, que son polisémicas, que non todos vemos o mesmo. 

Se temos presente que o visible é algo que se produce, e que o lado de toda visibilidad hai sempre unha invisibilidade, constataremos que o lado de toda pedagoxía da imaxe habrá tamén unha política, construindo unha mirada, e non calquera, do mundo. (Abramowski, A.) 

O uso da imaxe na clase presenta varias ventaxas, e das que lin pareceme interesante destacar as seguintes: a imaxe axuda a comprender, reforzar a información, motivar o alumno/a e a favorecer a concentración; atópase estreitamente vinculada a realidade; desperta o interés por aprender, motiva a actividade do coñecmento e desenvolve creatividade; é un gran apoio para a Educación Especial; en definitiva, que é un gran recurso e apoio tanto para profesorado e estudantes, xa que facilita a enseñanza e o aprendizaxe. 

Despois de ver esas vantaxes todas, síntome identificada, xa que para min as imaxes son algo que me atraen moito, polo que captan a miña atención, o meu interése por aprender, motivanme a atender e a seguir aprendendo ademáis de que moitas veces unha imaxe clarifica moitas palabras. 

Polo que penso que está moi ben reforzar sempre os textos con imaxes ou as explicacións, xa que así se fan máis amenos e en moitos casos máis comprensibles. 

Webgrafía: 

http://aggelein.blogspot.com.es/p/ventajas-y-desventajas-del-uso-de-la.htm

Abramowski, A. El lenguaje de las imagenes y la escuela: ¿es posible enseñar y aprender a mirar? Recuperado de http://tramas.flacso.org.ar/articulos/el-lenguaje-de-las-imagenes-y-la-escuela-es-posible-ensenar-y-aprender-a-mirar