Semana "1"

18/09/17

Na clase expositiva desta semana adoptamos unha disposición espacial un tanto distinta á habitual neste tipo de sensións, pois fixemos un pequeno círculo (literalmente, somos 10 persoas) de debate para falar e manter o contacto visual entre todos. 

Comezamos explicando a organización da materia e os criterios que o profesor seguirá para avaliarnos durante o cuadrimestre, mencionando dúas actividades moi interesantes: a realización dun portafolio individual online, que comezamos agora coa publicación desta primeira entrada no blog; así como un traballo que teremos que realizar dunha proposta para primaria, aínda que diferente á unidade didáctica que estamos acostumados a facer. 

A continuación comezamos un pequeno debate sobre as ideas que máis nos chamaron a atención dun texto que trata sobre a situación actual da tecnoloxía educativa na educación. Neste debate destacamos ideas como a desigual distribución dos recursos entre centros e zonas, as desvantaxes e desigualdades que xera a incorporación de equipos informáticos para remplazar os libros, afondando na repercusión no propio alumno e na súa aprendizaxe, pero tamén o custo "oculto" detrás de tanto avance tecnolóxico na aula e na economía familiar.