Primeira e segunda semana de clase (11/09/17 ao 19/09/17)

Nesta primeira entrada do blog resumiranse as principais cuestión tratadas na primeira e segunda semana de clase.

Na primeira sesión (11/09/17) tivo lugar a presentación da materia e comprobouse que había moi pouca xente matriculada na mesma. Aínda que se sospeita que isto é debido a un tema de horarios (as clases desta materia son a última hora do luns e do martes) cabe a posibilidade de que se deba a unha cuestión de intereses ou gustos, o cal, desde o punto de vista profesional, resulta alarmante xa que as aulas son espazos sociais cada vez máis “dixitalizados”.

Na segunda sesión (12/09/17) a escaseza de alumnado na aula provocou que a disposición adoptada fose máis distendida, converténdose nunha sesión amena na que nos introducimos no primeiro texto proposto para a lectura e na que se explicou unha das tarefas a realizar, unha autobiografía da que xa comentamos algunhas cuestións na aula.

Xa na segunda semana de clase, na sesión expositiva do 18/09/17 comentóuselle aos compañeiros, de xeito resumido, os feitos da semana anterior e posteriormente comentamos o texto.

O texto “Presencia del libro de texto digital en Galicia: una mirada estadísticogeográfica del Proyecto E-DIXGAL” de Fernando Fraga Varela e Almudena Alonso Ferreiro achegounos a unha realidade que difire bastante do que nós coñecíamos sobre o proxecto ABALAR. As cifras semellan realmente preocupantes e demostran, como se menciona no texto nalgunha ocasión, que a tecnoloxía é un “talismán político”. Outra cuestión moi preocupante é a discriminación duns centros en favor doutros e todos os problemas derivados disto (desigualdade, aumento das diferenzas...).

Na sesión interactiva do martes 19/09/17 creamos as contas na plataforma virtual Stellae e comezamos a personalizala. Nesta sesión tamén atendemos a unha dimensión moi en auxe da tecnoloxía: as redes sociais. Comentamos os seus usos, riscos, implicacións na aula... unha temática que estaría ben retomar dado que é moi interesante.