Conectivismo

Na semana do 2 de outubro, centrámonos no Conectivismo, unha nova teoría de aprendizaxe promovida por George Siemens. 

Ao comezo da clase expositiva, falamos sobre dous puntos opostos relacionados co uso da tecnoloxía nas aulas: a negación e a aceptación acrítica. Na miña opinión, hai que buscar un equilibrio, xa que se tratan de extremos, para chegar a un resultado válido. Os nosos alumnos teñen que coñecer os perigos das redes así como os riscos ocultos, mantendo unha postura crítica sobre o uso das redes.

Posteriormente, vimos un vídeo sobre o Conectivismo de Siemens, que  intenta explicar a aprendizaxe na era dixital que está en constante cambio. Siemens fala dunha aprendizaxe diferente, na que os alumnos son os protagonistas do proceso de ensinanza-aprendizaxe. O que se pretende, é que as instititucións educativas formen alumnos reflexivos, creativos, e coa capacidade de conectar con outras persoas. O mestre ten a labor de crear tarefas educativas abertas que impliquen a autonomía e innovación por parte do alumnado.

Estamos acostumados a un sistema educativo centrado en duplicar o coñecemento do profesorado, o que reduce a posibilidade de creación por parte do alumnado. A proposta de Siemens pretende romper con isto, para ter individuos activos e creadores, non consumidores.

A solución do problema da educación non son soamente as TIC, senón hai que prestar atención a aspectos tales como a socialización, a inclusivade e o respeto.  

No vídeo tamén se fala dos cursos de liña abertos, os cales crean a posibilidade de abrir a educación. É dicir, a aula non é o único lugar onde poden aprender os alumnos, nin os profesores son os únicos dotadores do coñecemento. Non existe un lugar específico onde aprender, dá igual onde esté unha persoa, xa que os alumnos poden ser os donos do espazo onde poden desenvolver a súa propia identidade. Relacionado con isto, Siemens plantea un currículo diferente, non como o concebimos nós. O currículo non pode estar definido, senón que ten que darse a partir dun proceso creativo, é dicir, a experiencia crea o contido.