Posta en común dos proxectos

Coa clase do 12 de decembro poñemos peche a materia de Experiencias de Aprendizaxe na Era Dixital. 

Nesta última sesión fixemos unha posta en común dos grupos de traballo. A verdade que foi unha clase moi interesante, xa que se presentaron tres traballos totalmente diferentes e os cales teñen ideas moi claras e potentes. Falouse da idea de intercambiar os nosos traballos, para así poder analizalos máis detidamente e extraer ideas de cada un deles. Deste xeito, temos a posibilidade de retroalimentarnos os uns aos outros. 

Tamén me pareceu interesante a forma de poñer en común os nosos proxectos, en forma de coloquio. Así, había un ambiente de cercanía e comodidade, rompendo coas típicas exposicións formais ás que estamos acostumados. 

É moi importante o proxecto que tiñamos que elaborar, xa que non está baseado na loxística e polo tanto non se reduce ao mecanicismo, por isto, se se puxeran en marcha nas aulas de educación primaria se obterían moi bos resultados. Desta forma, o alumnado podería adquirir as destrezas e competencias necesarias. Ademais, é imporante que un proxecto sexa interdisciplinar e vinculalo coas diferentes áreas curriculares. Deste xeito, o alumnado non ve o coñecemento como algo aislado e con compartimentos estancados, e desta forma obtén unha visión global. Tamén é imprescindible conectalo coa realidade, pois desta forma comproban que o que están aprendendo lles é realmente útil para a súa vida diaria.