Entornos Persoais de Aprendizaxe. PLE/PLN

Tal e como viñamos vendo nas clases anteriores, o alumnado a través dun clic ten a disposición a información, polo tanto, dende a escola hai que procurar realizar actividades máis potentes nas que se poñan en práctica as súas habilidades e destrezas, afastándose así das actividades tradicionais. Nun contexto onde o alumnado está conectado coa información, é importante falar dos entornos de aprendizaxe. 

O concepto de PLE (Personal Learning Environment) supón un cambio de actitude no ámbito educativo. Segundo Adell e Castañeda (2010) un PLE é  "el conjunto de herramientos, fuentes de información, conexiones y actividades que cada persona utiliza de forma asidua para aprender". Desta forma, o PLE de cada individuo se conforma polos procesos, experiencias e estratexias que este activa para apender, sendo as novas tecnoloxías da información e da comunicación as protagonistas para enriquecer a maneira na que as persoas aprenden, tanto individualmente como con outras persoas.

Son tres os compoñentes polos que está composto o PLE:

  1. Ferramentas e estratexias de lectura: serían as fontes de información ás que se accede en forma de mediatecas. Respecto a isto, a persoa terá actitudes encamiñadas á búsqueda, curiosidade e iniciativa.
  2. Ferramentas e estratexias de reflexión: serían aqueles espazos virtuais onde se pode crear ou modificar a información (como por exemplo un blog). Para isto, é neesario que o individuo teña capacidades tales como a síntese, a reflexión, a organización, etc.
  3. Ferramentes e estratatexias de relación: serían aqueles entornos para interactuaar con outras persoas para enriquecernos mutuamente. Para este compoñente é importante posuír a capacidade de consenso, diálogo, decisión, etc.

É importante engandir que non falamos dun PLE individual senón que na nosa forma de aprender se inclúe o noso entorno social. Desta forma estamos falando de PLN (Personal Learning Network), e poderíamos dicir que o PLN está integrado no PLE. A parte social do PLE é a máis relevante, xa que as persoas pasan a considerarse fontes de información, e é a través do intercambio de ideas con outros individuos cando o noso coñecemento se enriquece. 

Para concluír, é fundamental que estes entornos de aprendizaxe se desenvolvan desde a escola. Para iso, o profesorado ten que utilizar o maior número posible de ferramentas para que o alumnado poida levar a cabo as estratexias de lectura, reflexión e de relación. Para desenvolver estas estratexias é importante realizar actividades como o visionado de documentos multimedia, crear un espazo que serva como un diario de traballo, a participación en foros ou discusións, etc.