1. Proxecto ABALAR. Unha opinión persoal.

 

Nesta sesión tratamos o polémico tema da implantación de novas tecnoloxías na escola.

A verdade é que dende esta clase notei un cambio grande na miña perspectiva sobre a implementación das novas tecnoloxías na aula. Nos colexios nos que estivera de prácticas ata ese momento tiven contacto co proxecto abalar e, sinceramente, eu crín dito proxecto estaba implementado en toda a xeografía galega. A lectura do texto sobre a implementación do proxecto Abalar escrita polo profesor desta asignatura provoca un sentimento metade de desengano e metade de tristeza. A verdade é que máis de tristeza que de desengano, porque é ben triste ver cómo arredor de dous tercios dos colexios de Galicia están excluídos deste proxecto mentres a prensa o alaba, a sociedade traga (eu incluido) e o político énchese de parabéns por distribuir as contribucións de todos e todas como a él lle convén.

Por outra banda, se ben é certo que as novas tecnoloxías (ao mellor xa non tan novas) nos fan a vida cada vez máis sinxela, tamén na educación, é tamén certo que temos que facernos unhas preguntas. Para qué as imos usar? De qué xeito convén, aínda no caso de que ABALAR estivera implementado ao 100% na xeografía galega? Teño a sensación de que existe un pensamento común na sociedade e incluso na comunidade educativa: novas tecnoloxías na aula = innovación pedagóxica. Creo que non é así cando nas aulas, maioritariamente, se segue a facer o mesmo pero cun ordenador (que custa cartos, que se estropea, que gasta enerxía)  en lugar dun libro. Entón, de qué serven todas estas tecnoloxías se as metodoloxías seguen sendo as mesmas?