2. A web 2.0.

 

A principios dos 90 aparece un novo medio de comunicación: a internet. Pese a pasar desapercibido a ollos dos medios de masas (prensa, rado, tv) a inicios dos 2000 empeza a ter máis peso ata hoxe en día, que resulta indispensable, sobre todo para as soceidades occidentais. Nun principio, a creación de contido na web estaba reducida a uns poucos, dentro do xa reducido número de usuarios na rede (entre outras cousas polo alto coste do material informático e de contratación do servizo). Co tempo os ordenadores chegaron ás casas masivamente, polo que se ampliou considerablemente o número de creadores de contido de modo que calquera persoa con acceso internet e en calquera momento pode verter información. Isto leva á denominada “Web 2.0”, onde se establece unha sinerxia tecnoloxía-persoas-negocio. Sumado isto a que a internet é o medio de comunicación da xente xove a consecuencia directa son situacións non desexables para os máis novos, sobre todo no eido das redes sociais.

O uso da internet, por outra parte, a rede pode chegar a ser unha ferramenta de traballo na aula moi potente polo que como mestres é necesario ter conciencia e control sobre os perigos da internet sobre os máis pequenos para transmitirlles nas escolas a importancia das identidades virtuais e da pegada dixital que toda persoa deixa na internet.