3. Siemens e o conectivismo

 

Na clase tivemos a oportunidade de ver un fragmento dun video dunha charla de George Siemens, que propón a teoría do conectivismo, que ten como principal característica a integración das novas tecnoloxías nas aulas dentro dun marco metodolóxico de corte constructivista. Dentro desta teoría, Siemens propón un modelo de aprendizaxe baseado en formar alumnos competentes á hora de manexar a grande fonte de información que proporciona a rede (que non é tarefa fácil) en detrimento dunha educación baseada na memorización de datos e algoritmos de resolución de problemas.

Na nosa sociedade necesitamos as tecnoloxías a diario para traballar, para estudiar, para as relacións sociais, etc. Por outra banda, a escola prepara á sociedade para a vida, por tanto resultaría un absurdo que nas aulas non estivera presente de forma activa a tecnoloxía en sí e a educación sobre o uso responsable e crítico da propia tecnoloxía.