4. Sobre a Wikipedia…

 

A Wikipedia é tan famosa tanto pola axuda que proporciona aos estudantes de tódolos ámbitos educativos como pola súa fama de fonte pouco fiable. Nesta clase estivemos traballando sobre o seu funcionamento.

A Wikipedia é unha plataforma que nace a principios dos anos 2000 co concepto que todavía mantén hoxe: Unha enciclopedia dixital de libre acceso e libre modificación (seguindo unhas normas). Fálase moito sobre a pouca fiabilidade que ten, pero o certo é que esta afirmación non é de todo correcta. A Wikipedia formou co paso dos anos unha grande comunidade de editores. Esta comunidade está suxeita a unhas normas de publicación. Para publicar algo na Wikipedia sempre hai que citar a fonte que contén esta información. As informacións falsas ou publicacións vandálicas son  filtradas, así que se pode dicir que a Wikipedia se autoregula.

Dito isto, a Wikipedia é unha ferramenta fantástica que chega a albergar moitísimo máis coñecemento que unha enciclopedia en papel. Ademáis de todo isto ten outra vantaxe con respecto á enciclopedia en papel, que quedaría obsoleta nuns poucis anos, a Wikipedia actualízase case en tempo real e ademáis é gratis.

Podemos dicir, entón, que a Wikipedia pode ser unha boa ferramenta coa que traballar nas aulas.