5. PLE e PLN

 

Nesta sesión falamos de PLEs e PLNs. Como din Adell e Castañeda, cada persoa, inevitablemente crea un círculo de intereses. Sabido isto, formúlanse os PLEs coma o conxunto de ferramentas, fontes de información e actividades que cada individuo utiliza para beneficiar a súa aprendizaxe. No PLE intégrase o PLN, que non é máis que a rede de coñecementos que se crea coas persoas coas que nos relacionamos.

 Como mestres, se queremos traballar con PLE ou PLN con PLE e PLN non podemos pretender que os nenos e nenas saiban organizar o seu entorno de aprendizaxe de forma espontánea. Teremos que traballar con eles de forma activa e colaborativa. Ademáis disto non podemos abordar o traballo de xeito estático, xa que todo cambia ao mesmo ritmo que o fai a sociedade.