6. Squeak. Simulando a realidade.

 

Esta sesión foi a que máis me chamou a atención en toda a asignatura.

Estivemos falando do programa  Squeak, que proporciona un  entorno onde podemos simular a realidade. O programa proporciona unha grande variedade de accións que se poden aplicar a un obxecto, que pode ser creado por nós ou ben a partir dunha imaxe, un vídeo, etc. Quedei impresionado ao ver o vídeo onde unha clase simulaba a gravidade a partir dun vídeo creado por eles mesmos onde se deixaba caer un obxecto dende a azotea do propio cole. Despois fixemos unha sesión práctica co programa onde creamos un reloxo de agullas totalmente funcional. Pareceume incrible todos os coñecementos matemáticos que implica esta actividade, sobre todo, moi potente para ensinar sobre o concepto de ángulo que tantas confusións trae en primaria. Traballar con este programa na aula propicia a aprendizaxe significativa: aprendese por descubrimento, trabállase de xeito transversal (na actividade do reloxo trabállanse as matemáticas, a física, a expresión escrita, a competencia dixital, a programación…)  o que da lugar a aprendizaxes auténticas e duradeiras.

Sen embargo, este tipo de software non se ve nas escolas españolas. Penso que por dous motivos principais. Un o descoñecemento, xa non do funcionamento do programa, senón da existencia do mesmo por parte dos docentes e outro as metodoloxías conductistas imperantes e a rixidez do currículo oficial. Unha verdadeira mágoa, visto o potencial educativo de este tipo de software.