7. Traballo e fin da asignatura

 

Neste momento se nos propón a elaboración dun traballo no que debemos deseñar unha actividade para primaria facendo uso do aprendido durante a asignatura. A verdade é que a idea xurdiu bastante rápido cando comezamos a falar.

 Ocorréusenos levar a cabo un proxecto no cal se crearía unha empresa ficticia para o mantemento do monte da Almáciga. O  colexio ideal para realizar esta actividade é o Santiago Apóstolo, moi cercano ao devandito parque.

O proxecto  require de buscar e investigar na rede formas de traballar, funcionamento de empresas, economía, biodiversidade, botánica e un sinfín de posibilidades que poden ir xurdindo nun contexto educativo real. A actividade é altamente transversal. Trabállase a competencia dixital, as ciencias naturais, ciencias sociais, economía, matemáticas, valores de respecto ao medio ambiente, urbanismo… que están contextualizadas no currículo oficial.