Consideracións finais

Unha vez rematado o período lectivo, gustaríame facer unha valoración final sobre a miña experiencia na materia. 

A primeira vez que fixen a matrícula para este curso non escollín esta materia. Foi na primeira semana de clase cando decidín modificar a matrícula xa que a optativa que elixín nun primeiro momento non me convencía totalmente. Decanteime por Experiencias de Aprendizaxe na Era Dixital xa que os aspectos que trata están a orde do día na nosa sociedade. Estamos nun momento de avance tecnolóxico polo que a escola debe facer fronte a estes cambios, polo tanto, é fundamental que o profesorado esté formado neste campo.

A verdade é que me resultou totalmente útil esta materia, xa que baixo o meu punto de vista, adquirín moitos coñecementos. De feito, a considero unha das asignaturas máis relevantes en toda o carreira para o meu futuro profesional como docente. 

Considero que como docente teño gran responsabilidade para aplicar o aprendido nesta materia nas aulas de Educación Primaria. É fundamental valernos da tecnoloxía educativa para levar a cabo un proceso de ensinanza-aprendizaxe de maior calidade, e para iso temos que ter a capacidade de saber escoller os recursos máis convenientes para cada situación e alumnado. Tamén é moi importante deseñar proxectos altamente competenciais. Estes proxectos deben partir de problemas e/ou situacións reais nos que se conecten as diferentes áreas curriculares, de forma que o alumnado considere útil o que está aprendendo e non vexa o coñecemento como algo illado. 

Ademais, é fundamental que o alumnado posúa unha competencia dixital óptima en todas as súas dimensións. Desta maneira, o alumnado fará un uso responsable e crítico das tecnoloxías, valéndose destas para buscar, modificar, crear e compartir información. 

Para concluír, cabe destacar que a aprendizaxe nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación non é un proeso finito, senón que é necesario mellorar a nosa competencia á vez que avanza a tecnoloxía. Polo tanto, debemos seguir formándonos ao largo da nosa vida para estar ao tanto destes novos cambios para adaptalos e aplicalos da mellor forma posible ás nosas aulas. Isto hai que extrapolalo a outros ámbitos, non só no ámbito tecnolóxico: o profesorado ten que estar actualizado en todo momento e para iso deberá realizar cursos de formación permanente para mellorar a súa labor docente.