4. Wikipedia e os rancios

Neste cuarto bloque de contidos, centrámonos nun cambio cualitativo que se produxo na rede e na forma de interactuar dos usuarios: a Wikipedia. Esta especie de enciclopedia dixital, utilizámola para ilustrar as grandes redes de comunicación que se establecen en internet e das súas posibilidades para desenvolver, compartir e crear coñecemento. Wikipedia, como exemplo paradigmático deste fenómeno, ofrece ademáis a posibilidade de revisar as continuas actualizacións que se dan nos artigos, e que calquera de nós pode facer, como así fixemos nunha clase interactiva (no meu caso, con este artigo: https://gl.wikipedia.org/wiki/Proxecto_Educativo_Seteportas-Altair.

Esta virtude, é moitas veces vista con recelo por certos profesores ou mestres máis academicistas. Non é extraño escoitar a algúns deles negar a evidente utilidade desta ferramenta e restarlle credibilidade. É unha cultura do libro e da universidade que penso que debemos desterrar, non tanto por non poder buscar cousas na Wikipedia, senón pola connotación que leva implícita. Se queremos seguir un método de investigación aproximándonos á cientifidade, teremos que ver que as nosas referencias son válidas, verídicas e fiables, pero iso non implica de por si que unha nun libro de Slavoj Zizek vaia ser máis correcta e teña máis validez que unha na Wikipedia. Penso que é un trauma e unha reacción contra a apertura de saberes que dende hai décadas se vai producindo, dando acceso a case a totalidade da xente a case a información que queira; é algo perigoso. Wikipedia representa consensos, que poden non ser de todo verídicos pero que penso axudan a ver o sentir común da sociedade en moitos temas e como este vai mudando e se pode transformar.

Este tipo de redes, creadas desde abaixo por multitude de personas, en constante actualización e autocorrección, son algo moi valioso. Como dixemos en clases anteriores, hoxe en día non precisamos memorizar grandes cantidades de información, témolas a golpe de click. A ensinanza debe saber desenvolverse e beneficiarse de esta circunstancia tecnolóxica, dándolle máis forza aínda a elementos que antes podían verse aplastados pola necesidade de memorizar contidos. Creo que é de sentido común utilizar as tecnoloxías para o noso propio beneficio e non negalas e, Wikipedia e o que representan deben ser algo ao que sacar partido na escola, dende moi diferentes perspectivas.

Novas formas de relación requiren novas respostas e modelos que os mestres do futuro debemos saber ver. Ao igual que podo estar en contra das competencias e aínda así ver aspectos moi positivos a explotar, con isto sucede o mesmo. Que as posturas encaixonadas e as mentes cerradas non nos fagan desaproveitar algo tan válido.