As dúas caras dunha mesma moeda

Quero adicar esta entrada a recoller dúas noticias do periódico dixital ABC que me chamaron a atención, que dalgunha maneira mostran os pros e contras do uso e manexo das novas tecnoloxías.

A primeira delas fai referencia os problemas que supoñen as novas tecnoloxías de cara as relacións entre pais-fillos, pois está claro que hoxe en día as TICs nos axudan a estar en permanente contacto con aquelas persoas que están lonxe de nós fisicamente falando, pero que pasa coas persoas que si temos cerca nosa coas cales xa practicamente mantemos un mero contacto a través das tecnoloxías de comunicación, sexa Tuenti, Facebook, Mensaxes de texto, Whatassp e demais. Pois ben, isto tamén o veñen padecendo as familias cos seus rapaces/as máis ben adolescentes.

Véxase a noticia: http://www.hoytecnologia.com/noticias/nuevas-tecnologias-principales-problemas/54761

Pola contra, a segunda das novas que seleccionei mostra como a correcta utilización das novas tecnoloxías, ofrece infinidades de posibilidades de axuda para os nenos/as con deficiencias, neste caso, para aqueles con discapacidade visual.

Vexamos a noticia: http://www.hoytecnologia.com/noticias/iPad-podria-ayudar-ninos/383287

En definitiva, non cabe dúbida que as novas tecnoloxías, como outras moitas cousas, teñen vantaxes e inconvintes que, en función de como se empreguen ofrecen máis ou menos posibilidades para os seus diferentes ámbitos de aplicación.