Competencia dixital

Continuamos, e digo continuamos porque a miña última entrada remata facendo alusión á competencia dixital. A competencia dixital pode definirse, segundo se establece na LOMCE (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, 2013), como "aquela que implica o uso creativo, crítico e seguro das tecnoloxías da información e a comunicación para acadar os obxectivos relacionados co traballo, a empleabilidade, o aprendizaxe, o uso do tempo libre, a inclusión e a participación na sociedade"

Sabendo xa o que significa a competencia dixital, debemos decir que se pode relacionar co saber, o saber facer e o saber ser. Relaciónase co saber debido a que hai que coñecer os riscos, as vantaxes, os dereitos, as fontes de información, entre outros aspectos, para ser competente. Tamén se relaciona co saber facer no sentido de que hai que saber buscar, obter e tratar a información, sempre de maneira crítica, tamén se debe saber empregar recursos tecnolóxicos para a comunicación e resolución de problemas e incluso crear contidos. Finalmete, relaciónase co deber ser pois hai que ter unha actitude activa, crítica e realista hacia as tecnoloxías; así como ter a curiosidade e a motivación para aprender e mellorar o seu uso; valorar as súas fortalezas e debilidades; e repetar os principios éticos do seu uso (LOMCE; 2013).  

Para lograr un bo desenvolvemento da competecia dixital hai que ter en consideración o proxecto DIGCOMP do Joint Research Centre da Comisión Europea. Como resultado deste traballo establecéronse 21 competencias agrupadas en cinco áreas, as cales se mostran a continuación: 

INFORMACIÓN:

  • Navegación, búsqueda e filtrado de información.
  • Evaluación de información.
  • Almacenamento e recuperación de información.

COMUNICACIÓN:

  • Interación a través de tecnoloxías.
  • Compartición de información e contidos.
  • Implicación en procesos online para a cidadanía.
  • Colaboración a través de canais dixitais.
  • "Netiqueta".
  • Xestión da identidade dixital.

CREACIÓN DE CONTIDOS:

  • Desenvolvemento de contidos.
  • Integración e re-elaboración.
  • Copyright e licencias.
  • Programación.

SEGURIDADE:

  • Protección de dispositivos.
  • Protección de datos.
  • Protección da saúde.
  • Protección do medioambiente.

RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS:

  • Resolución de problemas técnicos.
  • Identificación de necesidades e respostas basadas en tecnoloxía.
  • Innovación e creatividade usando a tecnoloxía.
  • Identificación de brechas nas competencias dixitais. 

 (Información obtida de Niño, M. (7 de maio de 2014). Proyecto DIGCOMP: un marco europeo para las competencias digitales.[ Mensaxe en blog]. Industria 4.0, Big Data Analytics, emprendimiento digital y nuevos modelos de negocio. Recuperado de http://www.mikelnino.com/2014/05/proyecto-DIGCOMP-marco-europeo-para-las-competencias-digitales.html )

En conclusión, a tecnoloxía danos unhas cousas pero quítanos outras, por iso é importante ser competentes dixitalmente, é algo que todos debemos buscar, pois actualmente a tecnoloxía está moi presente nas nosas vidas e, como xa se sabe, debemos controlala nós a ela e non ela a nós.