Con que competencias dixitais contamos?

Facendo referencia a clase interactiva desta semana decir que como as anteriores foi moi dinámica debido a interación de todos ao responder a cada pregunta proposta pola profesora. Estas preguntas eran propostas a través de "Kahoot", facendo referencia ao tema de competencias dixitais; a través delas aprendin cousa a empregar que non coñecía e trucos para facer búsquedas máis precisas. Tras responder todos as preguntas cada un expresaba a súa idea conforme a resposta dada.

A partir de esta actividade, destacar a importancia que ten ter coidado a hora de publicar ou empregar cousas na rede. Tamén coñecin o termo de "nativos dixitais" que son aquelas personas que naceron na época de internet e non presentan medos para enfrontarse aos aparellos dixitais.

Por outra parte, surxiu a pregunta: Somos solo consumidores ou tamén participamos no mundo das novas tecnoloxías? A esto a miña resposta é que de unha maneira ou outra somos participes do mundo das novas tecnoloxías; esto débese a que a través das redes sociais compartimos información xa sexa persoal ou compartidos noticias, videos, imaxes, etc...de temas que nos gustan ou nos resultan interesantes e lle poden interesas a aquelas persoas que temos como "amigos". Está claro que tamén somos consumidores xa que en moitas ocasión empregammos información ou recursos que se atopan na rede.

Sobrevivir a sociedade da información non é fácil, é por isto polo que debemos saber como buscar, filtrar, agrupar e compartir a información; é dicir, xestionar a información e non caer na tentación. Algúns dos criterios para a selección de información son: leer, reflexionar e compartir.

Por último, falar da curación de contido que a súa ética dinos que non debemos abusar da mesma fonte, é importante retitular e añadirlle valor o contido e hai que facer visible as fontes de orixe. Existen ferramente respecto a este tema chamadas "ferramentas de curación" que sirven para agrupar información sobre unha temática determinada, Scoop.it fois a que nos dou a coñecer a profesora na clase.