Sobrevivir na sociedade da información

Para poder entrar en materia e concienciarnos da dificultade de vivir na sociedade da información, comezamos por unhas preguntas realizadas co xogo online Kahoot. Nel analizamos se empregamos máis dun buscador, como estes fan a clasificación dos resultados que nos proporcionan, que ferramentas empregamos para filtrar a información obtida, a importancia de crear contidos dixitais así como de compartir recursos que poidan ser de utilidade. En definitiva, analizamos se estamos realmente preparadas para esta sociedade da información, na que se nos bombardea continuamente de noticias, artigos, etc. que non sempre son fiables e debemos saber filtralos e seleccionalos.

Un aspecto moi interesante que se tratou no transcurso desta interactiva, foi o feito de que as bases de datos teñen detrás un algoritmo, o cal se basea na lóxica booleana. Con esta técnica, considérase como un conxunto tanto os documentos a buscar como a consulta que realiza o usuario en cuestión. A recuperación está baseada en cando os documentos conteñen ou non os termos da consulta (Francismo Morante Quirantes, 2016).

Tamén me pareceu relevante o tema das Cookies, que moitas veces aceptamos mais non temos en conta o que realmente significa. Estas son un software que dá os intereses dos suxeitos en función do que este xa buscou con anterioridade.Esto demostra o condicionadas e sesgadas que poden estar as nosas búsquedas na rede. Ademais debemos ter en conta que hai empresas, particulares, etc. que pagan para aparecer antes nunha búsqueda, e non sempre están entre os primeiros os máis populares ou máis buscados.

Agora chegamos á gran pregunta, é sinxelo sobrevivir na sociedade da información? Está claro que non. As novas tecnoloxías e diversas actualizacións que aparecen cada vez con máis frecuencia, fan que nos quedemos desfasadas con rapidez e que continuamente precisemos aprender acerca de novos aparellos, programas, termos novos, etc. É importante ter en mente a necesidade da formación continua nun mundo que cada vez cambia e avanza con máis rapidez.

É interesante falar aquí da "curación de contidos"; debemos saber buscar, filtrar, agrupar e compartir. Para isto será necesario coñecer todas as ferramentas que poden estar ao noso alcance, e nesta sesión comezamos a usar Scoop.it, unha plataforma para amosar e compartir contidos (propios ou procedentes doutras páxinas web).