Ámbitos de traballo

Como xa publiquei no twitter, o pasado martes recibimos unhas charlas realmente enriquecedoras nas que tres pedagogas compartiron connosco como é o traballon que realizan en diferentes ámbitos, dende algo ao que estamos tan acostumados a oir falar como é a orientación nun instituto, ata o deseño de videoxogos.

Pareceume moi positiva esta sesión, xa que a parte de sacarnos da rutina, fixo que aprendésemos moito acerca dos nosos posibles ámbitos de traballo, e presentáronsenos realidades que realmente non coñecemos.

A primeira poñente foi a orientadora do instituto Antón Fraguas. A verdade é que despois da súa intervención sinto certa admiración cara ela polo traballo que está a realizar, a multitude de proxectos que teñen entre mans, as axudas, o acercamento que conseguen ter co barrio e a atención que prestan a calquera colectivo que estea presente no contexto. Valoro moi positivamente a colaboración de toda a comunidade educativa que fai posible a existencia do traballo en rede.

É certo que ela mesma dixo que as TIC eran simplemente usadas como unha ferramenta de apoio, das que se botaba man só no momento no que fosen necesarias, tanto para a comunicación, como para a difusión e a xestión (Whatsapp, Correo electrónico, a Intranet e outros chats). Mais teñen realizado cousas tan interesantes como unha páxina web na que proxectan todo o que se vai facendo no centro, e na que en privado (na Intranet) tratan outros temas onde se manexan datos, nomes, etc.

En segundo lugar, tivemos a portunidade de escoitar a unha profesional do e-learning e deseño de videoxogos. Ela amosounos a importancia dos pasos que hai que seguir para o tratamento da información:

  • 1º Búsqueda da información.
  • 2º Selección da información mediante unha análise crítica.
  • 3º Saber organizar a información.
  • 4º Compartir a información.
  • 5º Adaptar e construír información.

Grazas a ela puidemos poñecer tamén algunha empresa de deseño de programas e xogos como poden ser Marinva, Imaxin Software e Dimelab.

Finalmente, fixo a súa ponencia unha traballadora do centro de menores Príncipe Felipe. Salientou as dificultades polas que pasaban rapazas e rapaces: estigmatización, autoestima baixa... o cal conleva case sempre ao fracaso escolar. Neste senso, precísase buscar mecanismos para solventar os problemas académicos, mais é difícil empregar as TIC dentro do centro, xa que faltan tanto recursos como formación. Isto último xera medo e rechazo ás tecnoloxías, o cal caba provocando a prohibición.

Dentro do centro non teñen internet, e os rapaces nen sequera teñen a oportunidade de empregar os seus teléfonos móbiles debido á lei de protección de datos. Desta maneira acentúase aínda máis a súa situación de desamparo, xa que a maiores de estar tan lonxe das súas familias, non poden comunicarse con elas do xeito que desexan. A situación é tan complicada, que se precisaría un cambio no Regulamento de Réxime Interno para ir avanzando e que os rapaces poidan comezar a usar de xeito axeitado as TIC, tanto para o ámbito académico como para estar en contacto coas familias.

Esta sesión expositiva fíxome reflexionar moito, non só acerca dos diversos ámbitos de traballo aos que poderei acceder no futuro, senón tamén sobre a multitude de dificultades que se me poden presentar en ditos traballos. Debemos estar pois en contínua formación, aínda tendo rematados os estudos formais e reglados.