importancia dos grupos

Por nara cid

Na segunda sesión expositiva, despois de configurar de forma aleatoria unha serie de grupos, na miña opinión totalmente acertado, xa que puidemos ver e comparar opinións e formas de traballar distintas , ou tan só diferentes a dos compañeiros aos que estamos acostumados, puidemos observar a diversidade de opinións, non só no noso grupo senon en todos, xa que a hora de subliñar o importante de cada texto, cada membro tiña baixo o seu criterio, unha opinión do que era importante ou máis destacable.

Na segunda parte da sesión, cando pasamos a debuxar a nosa parte correspondente do texto, saíu a luz, a nosa maneira de ver e entender a información que estabamos a leer, así como de expresalo, moi importante na miña opinión xa que reflexa a concepción que temos do mesmo concepto. A maioría dos grupos acertaron o sigificado do debuxo, o que significa que a idea que temos do termo é moi similar para todos os compañeiros.

Pareceume unha sesión moi positiva e interesante, así como dinámica; producironse varios debates, o máis destacable para min foi o da existencia ou non de cualidades intrinsecas.