A dobre cara das redes sociais

Coa chegada das novas tecnoloxías abríusenos, sen dúbida, un mundo de posibilidades, que orixinou simultaneamente un debate que na actualidade segue vixente.

As novas tecnoloxías posibilitaron, entre moitas outras cousas, un acceso máis rápido e sinxelo á información, ademais de poder comunicarse e compartir imaxes ou pensamentos con outras persoas. É neste contexto onde xorden as coñecidas redes sociais.

Nun primeiro momento, estas créanse para por en contacto a persoas pero, co paso do tempo o seu uso vai cambiando e ampliándose, así o confirma Emily Taylor, executiva del Oxford Information Labs. Isto lévanos a preguntarnos: son na realidade tan fiables ou inofensivas como nos fan crer?

Hoxe en día, un elevado número de persoas utiliza as redes sociais, pero o máis preocupante é que desas persoas, á maioría son adolescentes e mozos que non dispoñen do suficiente coñecemento das mesmas. As redes cobren neles necesidades básicas da adolescencia como poden ser a visibilidade, a reafirmación da identidade ante o grupo, a diversión ou o contacto cos amigos. Normalmente as listas de amigos son extensas, pois ninguén quere caer na exclusión, pero non se decatan de que estas relacións teñen uns vínculos débiles, como afirman Enrique Echeburúa e Ana Requesens na súa guía para educadores: “Adicción a las redes sociales”.

A raíz disto, moitas persoas senten que a súa vida é menos interesante que a dos seus coñecidos, á vez que se orixinan problemas como a ansiedade producida por non ser invitado a un evento ou porque outras persoas teñen un mellor lugar, o cal se coñece como FOMO (Fear of Missing Out), traducido como o medo social que supón a exclusión, ese medo a non ser parte do que fan os amigos. Estas persoas adoitan cambiar continuamente de perfil e subir maior cantidade de fotos (El Universal, 2013).

En canto aos aspectos positivos e os negativos das redes sociais, existen disparidade de opinións, pero de seguido podemos observar algúns dos que destacan Maslanka e Alvarez (2010).

Como aspectos positivos defenden que ofrecen a posibilidade de conectarse en calquera lugar, que permiten a relación con moitas persoas, que eliminan barreiras pois dan a coñecer diversos pensamentos e actuacións, ou que melloran as relacións con persoas de outros países. Por outra banda, manifestan outros aspectos adversos como: o individualismo e a non interacción física; unha sociedade impersoal e virtual; unha dependencia das redes a un punto no que se esquecen as persoas do redor; a aportación de información persoal a xente que non coñecemos; a extorsión da información; e, finalmente, a suplantación da identidade.

A estes aspectos negativos expostos cómpre engadir algúns máis dos que se fala no artigo do periódico El País titulado “Revelión contra las redes sociales” como, por exemplo, os pequenos instantes de felicidade que nos xeran as redes, propiciado polos me gusta e os amigos, así o afirmaba Sean Parker, creador de Napster. El mesmo manifesta que todos os inventores sabían o que estaban facendo pero que seguiron adiante.

Ademais disto, moitas redes sociais (entre as que destacan Facebook ou Google) redirixen aos lectores aos contidos informativos que desexan. Os usuarios aceptan ceder os datos a cambio dun servizo gratuíto e estes datos son utilizados por algoritmos que determinan os intereses do usuario para conseguir posteriormente mostrar o que o algoritmo quere: manipulando e filtrando así o que a xente lee ou visita (Emily Taylor).

Estes aspectos negativos son algúns dos moitos que poden ter as redes sociais, pero tampouco debemos focalizarnos exclusivamente no negativo, pois tamén existen moitos aspectos positivos, algúns xa citados anteriormente, como é a comunicación entre persoas de outros países ou o fácil acceso a información.

Porén, penso que para que a utilización destas ferramentas sexa óptima, debemos cambiar o noso modo de velas e pola súa parte, os xestores, deben cambiar a finalidade do seu uso.

Por último e relacionado co noso papel como pedagogas e pedagogos,  considero que a educación dos máis novos, no que respecta ás redes sociais ou novas tecnoloxías, é fundamental, pois o ser nativos dixitais e o fácil manexo que teñen destas ferramentas, non implica que teñan un coñecemento amplo e rigoroso do seu uso e da súa finalidade.

 

Aparicio, C. G. M., Torres, M. D. C. N., Medina, D. E. M., & De Dios, M. R. (2015). Redes sociales, usos positivos y negativos. Revista científica electrónica de Educación y Comunicación en la Sociedad del Conocimiento, 15(1). Recuperado de  http://eticanet.org/revista/index.php/eticanet/article/view/61/56

Echeburúa, E. & Requesens, A. (2012). Guía para educadores: Adicción a las redes sociales y nuevas tecnologías en niños y adolescentes. Recuperado de https://issuu.com/hansgutierrezdh/docs/echebur__a_y_requesens_-_adicci__n_

Elola, J. (2018). El País. Rebelión contra las redes sociales. Recuperado de https://elpais.com/tecnologia/2018/02/16/actualidad/1518803440_033920.amp.html?id_externo_rsoc=TW_CC&__twitter_impression=true

Comentarios

  • Carla Codeseda

    Buenas Uxía. Tras leer tu artículo lo primero que se me vino a la mente esta típica frase: "la tecnología nos acerca a los más lejanos pero nos distancia de los mas cercanos" y en realidad esto es lo que ocurre en un mundo donde prevalece la vida cibernética y no la real. 
    Por otro lado, también me parece bastante llamativo el echo que nombraste de que hoy en día cualquier menor tiene acceso a internet y a cualquier página web sin restricción. Esto me dio una idea para mi próximo blog pues la carencia de barreras y el fácil acceso de cualquier persona y cualquier comentario hace que todo tipo de infromación sea viral sin tener en cuenta su contenido, su procedencia o el objetivo que se quiere obtener con ellos. 
    Muchas gracias por tu aportación.