PLE

PLE (Personal Learning Enviroment) refírese a un entorno persoal de aprendizaxe que se vai creando según os intereses tanto profesionais como persoais. Tendo en conta que na actualidade vivimos nun mundo marcado pola tecnoloxía e unha gran cantidade de información, estes espazos vólvense moi útiles para facer unha boa búsqueda de información, filtrar, xerar e difundir contido e para xestionar o tempo e as tarefas a realizar. Atopámonos nunha era educativa que Weller (2011) chama "da abundancia".  Para a realización de todo isto é necesario o coñecemento de ferramentas dixitais que nos facilite a realización de todo o mencionado anteriormente.

O autor do artigo destaca a importancia de coñecer e saber empregar distintas ferramentas para poder incluílas no noso entorno persoal de aprendizaxe, isto permitiranos facer unha maior xestión do recursos así como un mellor emprego do tempo. algunhas das ferramentas que nos da a coñecer o autor do artigo son: Scoop.it, feedly, flipboard, delicious (biblioteca pública de recursos dixitais), instapaper e pocket (sirven para a xestión dos recursos), flicks (xerar contidos), técnica Pomodoro, etc.

Buscando información en portais de busqueda de emprego e no plan de estudos que proporciona a Universidade de Santiago de Compostela as competencias que deberei ter en conta para enfrontarme ao mundo laboral son: poseer coñecementos e actitudes para actuar como axente de cambio e mellora en procesos de desenvolvemento persoal, profesional, institucionsl e comunitario; capacidade de crear e comprender coñecementos; capacidade de aplicar coñecementos tanto teóricos como prácticos así como deseñar e avaliar accións formativas.

Como conclusión, os recursos dixitais axudannos tanto no ámbito persoal como enfocando o ámbito profesional.

Referencia empregada: Castañeda, L. y Adell, J. (Eds.). (2013). Entornos Personales de Aprendizaje: claves para el ecosistema educativo en red. Alcoy: Marfil.