O poder da tecnoloxía na educación

Posto que nos atopamos nunha sociedade totalmente dixitalizada, na que se pode decir que os adolescentes son nativos dixitais, o feito de incorporar a tecnoloxía a educación contribúe de maneira positiva ao feito de mellorar tanto a productividade como a eficiencia nas aulas, xa que porporciona ferramentas que manteñen a atención dos estudiantes con máis facilidade, a vez que son máis  interactivas.

Ademáis de Internet e a tecnoloxía móbil, podemos gozar nas aulas de moitos outros elementos tecnolóxicos, como poden ser: aulas virtuais, pizarras interactivas… entre outras, integrándose así a tecnoloxía dixital en universidades e escolas.

As redes sociais e a Web 2.0 facilítalles a cada un dos estudantes, a posibilidade de poder relacionarse e expresarse con outros compañeiros, xa seña de cursos presenciais ou virtuais, feito que favorece o feito de cultivarse mediante a interacción. Por outra banda, tamén permiten compartir puntos de vista e debatir sobre as ideas, tarefa que axuda aos adolesecentes a desenvolver un pensamento crítico durante o seu período de desenvolvemento.

Unha vez dito isto, querería destacar o feito de que todos aqueles estudantes que teñan maior dificultade, e que polo tanto, precisen dalgún tipo de reforzo, con estas poderían acceder a todo tipo de material que lles permitiría reforzar todo o traballado nas diferentes clases.

Ademáis disto, os profesores poden facer o seu traballo dunha maneira máis atractiva e poden resultar ser máis eficientes, o que favorece tanto a todo o equipo docente como a cada un dos integrantes do alumnado.

A día de hoxe, os estudantes xa non teñen a necesidade de ter que dispoñer dun papel e boli, pois, debido a facilidade que porporciona Internet a hora de compartir contidos, permítelle a rede, posibilitarlle ao alumnado para que leve a cabo as distintas tarefas, todo tipo de libros electrónicos e interactivos. Desta maneira, estáselles a proporcionar todo tipo de experiencias educativas dinámicas, interesantes e adaptadas aos novos tempos.

Quero concluir decindo que a forma na que se está a empregar a tecnoloxía no ámbito educativo cambiou moito no que respecta a anos anteriores, ofrecendo deste xeito unha maior calidade aos estudantes, a vez de permitir unha maior efectividade, elasticidade e aproveitamento de cada un dos recursos educativos.

Comentarios