Descubrindo a realidade

Para comezar quero dicir que despois de reflexionar sobre a charla e os consellos achegados polas profesionais na clase do pasado 22 de febreiro, síntome agradecida e chea de novos coñecementos!

Tres pedagogas que traballan en ámbitos profesionais diferentes, presentáronnos as súas experiencias e déronnos os seus consellos máis honrados; ademáis de explicarnos que acontece e como empregan a tecnoloxía en cada un dos ámbitos.  

A que deu comezo a esta enqriquecedora tarde de martes foi Lola, a orientadora do Instituto Antón Fraguas de Santiago de Compostela, do que eu fun alumna no bacharelato de Artes. Pese a estudar só dous anos neste colexio, mantiven contacto con Lola, polo que xa coñecía parte da súa actividade no centro, así como a súa amabilidade, ilusión e paixón pola súa profesión. Pero debo decir que descoñecía moitas das accións e proxectos que se levan a cabo no centro.

Lola traballa de xeito directo co alumnado e leva a cabo un enfoque clínico/ técnico e psicopedagóxico, apoiando ao alumnado no proceso de ensino- aprendizaxe.

Cabe destacar a importancia que a orientadora lle deu ao contexto do centro, o barrio de Fontiñas. Neste barrio conviven diferentes etnias e, polo tanto, existe moita diversidade.

En canto ás TIC, ela mesma destacou que lle servían como un apoio, botando man delas tan só para xestionar, difundir noticias relevantes ou para comunicarse (whatsapp, correo electrónico, intranet, páxina web do IES, etc.) Tamén nos dixo que botaba moito en falta a existencia dun canal de youtube propio do centro, no que poideran colgar a cantidade de actividades que se levan a cabo.

Penso que Lola é unha orientadora que se caracteriza por levar a cabo o seu traballo da man da creatividade, fuxindo da burocratización e axudando ao alumnado en cada paso que da.

Proporcionounos tamén unhas páxinas relevantes, que nos poden servir de axuda como pedagogas/os, como é o caso de monicadizorienta, orientación andujar e el orienta

A segunda profesional en contarnos a súa experiencia foi Silvia Gomez, deseñadora e avaliadora de materiais didácticos. Silvia indicounos, dende un comezo, a relevancia dos pasos a seguir para o tratamento da información:

- búsqueda da información

- selección da información mediante un análise crítico

- saber organizar a información

- compartir a información

- saber adaptar e construir información

Tamén nos deu a coñecer varias empresas de deseño de programas e videoxogos como é o caso de Imaxin Software, Dimelab e Manriva.

A tecnoloxía é esencial para levar a cabo este traballo, estando presente en cada un dos pasos para a elaboración de materias didácticos.

Finalmente, fixo a súa aportación Raisan, unha traballadora do Centro de Menores Príncipe Felipe de Pontevedra. A traballadora explicounos detalladamente moitas das situacións polas que pasan os menores como pode ser o caso da baixa autoestima, estigmatización, rexeitamento, etc. Por iso, buscan mecanismos que os axuden, sempre da man da atención indivudualizada.

En canto á tecnoloxía, Raisan insisteu en que a penas é empregada no centro. Como ela ben afirmou: “o medo xera rexeitamento e este, á vez, prohibición”. O regulamento de Réxime Interno, prohíbe usar os móbiles dentro do centro, polo que os rapaces que están lonxe das súas familias, tan só se poden comunicarse con elas unha vez á semana, acentuando así a situación de desamparo. Raisan está a favor de que se modifique esta norma e que se perda o medo para poder comezar a usar as TIC.

Para rematar esta entrada quero, primeiramente, dar as grazas á profesora por convidar a Lola, Silvia e Raisan, e a elas por achegarnos de xeito tan cercano as súas experiencias. Foi unha clase moi dinámica na que nos aproximamos ao que, nun futuro, pode chegar a ser o noso ámbito de traballo.