Instrúenos realmente a tecnoloxía?

Por Marta

A primeira sesión expositiva, con data do 30 de xaneiro de 2018, de Tecnoloxía Educativa, tiña como presentación, situarnos segundo os nosos pensamentos ante unha das catro cartolinas que anunciaban as seguintes frases en relación coa dita materia: “A tecnoloxía non aporta ningún valor engadido á educación”, “A tecnoloxía deshumaniza a educación”, “Os pedagogos debemos incorporar a tecnoloxía ao proceso formativo”, e “A tecnoloxía xera innovación educativa”.

Ante as dúas primeiras frases non se posicionou ninguén, mentres que ante a terceira e a cuarta, repartiuse entre todos os compañeiros. Unha vez posicionados ante unha desas frases, debíamos atopar argumentos negativos para a frase elixida, e logo expoñelos unha persoa do grupo ante os demais compañeiros, para así contrastar as ideas sacadas entre todos.

Esta actividade, ademais de presentar a materia, fixo que interactuásemos todos os compañeiros/as, así como potenciou o noso pensamento crítico. Por exemplo, no meu caso que me posicionei ante “A tecnoloxía xera innovación educativa”, puiden reflexionar que esta non está ao alcance de todo o mundo, xa que ou ben non está adaptada a todas as persoas, ou ben favorece a exclusión de persoas que carecen dos recursos económicos e materias necesarios para poder empregala.

A tecnoloxía ten aspectos negativos, como os que acabo de mencionar, así como xerar entre as nosas xeracións unha gran dependencia como se pode ver reflectida neste artigo:  Internado un menor que agredió a su madre con una cuchilla tras quedarse sin internet, cuxo enlace poño nas referencias bibliográficas, (debido a que insertei unha captura do periódico coa noticia, pero esta rede debe estar averiada, e non aparece).

Pero tamén ten aspectos positivos, xa que si se emprega correctamente, podemos obter grandes beneficios para o desenvolvemento social, cultural, económico, científico, industrial, etc. dun país. A tecnoloxía fomenta o crecemento dun país a través da súa implantación en educación, xa que nunha época na que os adolescentes son nativos dixitais, a incorporación desta ás aulas aporta unha serie de beneficios que axudan a mellorar e a eficiencia e a produtividade na clase, así como aumentar o interese dos alumnos/as e adolescentes nas actividades académicas. Ademais, os mestres poden beneficiarse dos avances tecnolóxicos para facer o seu traballo máis atractivo e para ser máis eficientes. Outra vantaxe do uso da tecnoloxía na educación é a súa flexibilidade e capacidade de adaptación de cara a que os estudantes poidan seguir ritmos distintos na súa aprendizaxe.

A tecnoloxía no entorno académico non é algo novo, se non que cambiou a maneira de empregala, permitindo maior flexibilidade, eficiencia e aproveitamento dos recursos educativos e ofrecendo unha formación de maior calidade aos estudantes.

“Vivimos nun mundo no que a tecnoloxía marca o ritmo do progreso, pero lévanos a vivir nun mundo modelado pola tecnoloxía.” Gutiérrez Pinto.

 

Referencias bibliográficas:

García, A. F. (2015). Los beneficios de la Tecnología en la Educación. Recuperado de http://www.labrechadigital.org/labrecha/Articulos/los-beneficios-de-la-tecnologia-en-la-educacion.html

Gutiérrez, J. S. (2009). Problemas y beneficios de las nuevas tecnologías. Recuperado de https://www.gestiopolis.com/problemas-beneficios-nuevas-tecnologias/

Rodríguez, C. (2018). Internado un menor que agredió a su madre con una cuchilla tras quedarse sin internet. El Mundo. Recuperado de http://www.elmundo.es/andalucia/2018/01/19/5a61e364268e3ed4388b47bf.html