O Entorno Persoal de Apredizaxe

Por Lucía Rico

Quero comezar esta entrada aplaudindo o texto "Gestionando el caos a través de mi PLE", xa que demostra o bo uso que se pode facer da rede, así como as contribucións que podes facer para promover a aprendizaxe e formación das persoas que teñan acceso a ela.

Ao longo do texto o autor analiza minuciosamente como realiza el a busca, selección, filtración e producción de información, empregando para iso numerosas ferramentes ao alcance de todos a través da rede. Considero que fixo unha explicación moi axeitada do proceso que segue así como do uso que se lle pode dar a cada ferramenta. As que emprega son, en primeiro lugar, Scoop.it, coa cal xa tivemos un primeiro contacto na última sesión interactiva. Esta permite seleccionar contidos etiquetados en función da categoría coa que se corresponde, podendo tamén compartilos noutras redes como poden ser Facebook ou Twitter.

Tamén se fai referencia ás Alertas de Google, as cales non empreguei nunca por descoñecemento de como se poden xestionar. A verdade é que me pareu interesante o seu uso, xa que no teu propio Gmail podes recibir a información de interese requerida. Non cabe dúbida que terei esta ferramenta en conta.

Por outra banda está Twitter. Como o autor, eu tamén considero mellor seguir a unha pouca xente ou mesmo institucións de interese para que a información que chegue non veña a modo de avalancha. A verdade é que coñezo bastante ben o funcionamento de Twitter e vexo moitos aspectos positivos nas listas das que fala o autor, xa que sengundo o tema do que traten tes de certo modo clasificada a información que che resulta de interese.

Finalmente fixo referencia ás canles RSS. A verdade é que dende que as coñecín en primeiro de carreira non as volvín empregar porque non me resultaron atractivas para un uso habitual.

Para a difusión da información mencionou Youtube, SlideShare e Flickr (a cal aínda non empreguei). As dúas primeiras fóronme sempre de gran axuda no ámbito académico, porque sendo a primeira de vídeos e a segunda de presentación, dan a oportunidade de obter explicacións, estudos, información, etc. sobre todo tipo de temas de interese. No meu caso, antes de chegar á universidade empregueino en gran medida para coñecer máis sobre historia ou sobre biografias de diversos autores. Este último uso sigue sendo o prioritario na universidade, ademáis de ter visto numerosos ducumentais en Youtube sobre educación e pedagoxías alternativas.

Para analizar as competencias dixitais que preciso para un traballo profesional como pedagoga botei man do Plan de Estudos de Pedagoxía. Así pois, pódese dicir que ditas competencias, ao meu parecer, poderían ser as seguintes:

  • Deseñar plans, programas e acciós adaptadas aos distintos niveis do sistema educativo, nas modalidades presenciais, semipresenciais e virtuais.
  • Asesorar sobre o uso pedagóxico dos medios e recursos educativos.
  • Asesorar sobre a integración das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos procesos educativos e formativos.

Considero que nos deberían formar máis no ámbito tecnolóxico, xa que moitas veces andamos un pouco perdidos na rede e non coñecemos ferramentas que nos serían de gran utilidade e facilitarian o noso estudo e a nosa aprendizaxe. Sempre procuro aproveitar ao máximo as asignaturas, e estando tan mal no ámbito tecnolóxico tratarei de aproveitar ao máximo as sesións desta asignatura para poder cumprir coas competencias que veño de mencionar cando remate a carreira. Ademais, quero sinalar que o camiño non remataría ao finalizar o grao, senón que debemos formarnos de xeito contínuo xa que a sociedade está a avanzar cada vez máis rápido e debemos renovarnos e ir adaptándonos aos cambios.