• Blogs
  • Marta
  • Queda alguén independente nos nosos días?

Queda alguén independente nos nosos días?

Para a redacción deste segundo post, vou a relacionar o concepto de Nativos dixitais coa fábula de El Elefante Encadenado de Jorge Bucay.

Comezo definindo o concepto “Nativos Dixitais” (termo acuñado polo autor estadounidense Marc Prensky no 2001), referíndose as persoas nacidas na era dixital como a primeira xeración que creceu coas tecnoloxías dixitais e que son “nativos” da linguaxe dos ordenadores, videoxogos e Internet. Este concepto diferénciase daquelas nacidas con anterioridade, que adquiriron familiaridade cos sistemas dixitais xa sendo adultos, denominados como inmigrantes dixitais.

Os Nativos Dixitais son os nenos/as e mozos/as nacidos a partires de 1990, que son expertos coas computadores, e que teñen destrezas e maneiras para comunicarse cos outros que os maiores non poden entender. Son consumidores e produtores de case todo o que existe na rede e provocaron unha nova brecha, esta vez alfabeto-xeracional.

Dito autor, Marc Prensky, demanda aos educadores novas formas de ensinanza para conectar aos alumnos/as co seu propio proceso de aprendizaxe, para así aproveitar as vantaxes da mesma.

Agora ben, facendo referencia a fábula do Elefante Encadeado, no cal un elefante que dende pequeno estaba atado cunha cadea a unha estaca. Dende ese momento, o pobre animal intentaba liberarse dela con todas as súas forzas pero sen conseguilo. E dende entón, non o volveu intentar xa que se deu por rendido. O elefante non se soltaba xa que a súa impotencia e o temor leváronlle a desenvolver un modelo de si mesmo carente de valor, inhibido, retraído, desconfiado de si mesmo e do mundo. Os seus mecanismos de defensa foron a submisión e a alienación de si mesmo.

Esta fábula, pode entenderse como unha metáfora a nosa sociedade actual, xa que como nativos dixitais que somos, estamos acostumados as tecnoloxías, sendo totalmente dependentes delas, e non podemos vivir sen elas.

“ Son poucos os que logran ser independentes. Iso é un privilexio dos fortes. Quen tenta selo, tendo o maior dereito a iso, pero sen consideralo un deber, demostra non só que é forte, senón temerario ata o desenfreo. ” Friedrich Nietzsche

 

Referencias bibliográficas:

Pérez, Y. (2013). El elefante encadenado. Recuperado de: http://www.eclipsesoluciones.es/blog/2013/03/el-elefante-encadenado/

Prensky, M. (2010). Nativos e Inmigrantes Digitales. Recuperado de: https://www.marcprensky.com/writing/Prensky-NATIVOS%20E%20INMIGRANTES%20DIGITALES%20(SEK).pdf

Simbala, M. (2013). Definición y características de los nativos y migrantes digitales. Recuperado de: https://es.slideshare.net/marciamarlin/definicin-y-caractersticas-de-los-nativos-y-migrantes-digitales-16557187

Comentarios

  • Alexandra Rodríguez Gil

    Hola Marta!

    Me parece muy interesante la idea de comenzar formulando la pregunta ¿Queda alguien independiente en nuestros días? En cuanto a esto yo creo que si puede quedar alguien independiente de las tecnologías en nuestros días, aquellos que viven retirados y al margen de la sociedad, pero la mayoría de nosotro somos claros dependientes, tanto de la tecnología, como de las personas, por ejemplo.

    ¿Crees que en algún momento podríamos dejar de depender de las tecnologías?

    Un saludo.

  • Marta

    Boas noites Alexandra!

    Pois considero que algunhas persoas ademais de seres dependentes das persoas como ben me dis ti, pois tamén somos claros dependentes da tecnoloxía. Nacemos da man das tecnoloxías, polo que estamos acostumados dende pequenos a depender delas, e xa non digo dun dispositivo móbil, se non de calquera instrumento tecnolóxico dos que estamos rodeados. 

    Eu penso que so poderíamos non depender da tecnoloxía, se non nacésemos da súa man, e non soubésemos o que é.

    Un saúdo.