A tecnoloxía, máis presente do que cremos.

O día 20 de febreiro tivemos a vista de tres pedagogas que traballan en tres ámbitos diferentes, unha no ámbito escolar como orientadora dun centro educativo, outra que traballa nunha empresa deseñando e avaliando materiais didácticos dixitais e, xa por último, contamos con unha pedagoga que actualmente está traballando nun centro de menores. Todas elas mostraron como no seu ámbito de traballo empregan a tecnoloxía, está claro que todas a utilizan, pero unhas máis ca outras e con diversas finalidades. Despois de reflexionar sobre todo o que estivemos vendo estas semanas en clase e toda a información que busquei quedeime pensando en ¿por que non empregamos máis tecnoloxía na nosa práctica? A veces os motivos son claros, a falta de formación, pero ¿de verdade iso é un impedimento para un pedagogo?, nós que tanto fincapé facemos na aprendizaxe ao longo da vida. Realmente o que creo é que danos medo enfrontarnos a algo que realmente non se nos da ben, a min por exemplo cóstame moito, sen embargo o importante está en intentalo ata lograr os nosos obxectivos. 

A tecnoloxía, actualmente é moi importante, iso mostrouse claramente despois de escoitar a esas tres pedagogas, pero tamén é importante ariscarnos e empregala, aínda que nos confundamos. Non podemos contradicirnos, en dicir que debemos empregar máis tecnoloxía e logo non facelo, pois pode aportarnos moito máis do que cremos, axudarnos na nosa labor como pedagogas.

En conclusión, a visita de estas tres pedagogas axudoume a ver realmente que a tecnoloxía está máis presente do que cremos e que a necesitamos para facer a nosa labor profesional máis eficaz e eficientemente.  Polo tanto, creo que debemos formarnos ben neste ámbito e  non ter medo a enfrontarnos ao descoñecido. E vós, ... ¿que opinades sobre isto?