Competencia Dixital

Para introducir este novo post, é importante salientar que a competencia dixital é unha competencia clave de formación continua e é esencial para a participación na nosa cada vez máis dixitalizada sociedade. É por isto que é preciso entender e definir o concepto de competencia dixital (CD), a cal é aquela que implica o uso creativo, crítico e seguro das tecnoloxías da información e a comunicación para alcanzar os obxectivos relacionados co traballo, a empregabilidade, a aprendizaxe, o uso do tempo libre, a inclusión e participación na sociedade.

Require de coñecementos relacionados coa linguaxe específica básica: textual, numérica, icónica, visual, gráfica e sonora, así como as súas pautas de decodificación e transferencia. Isto leva o coñecemento das principais aplicacións informáticas. Supón tamén o acceso as fontes e o proceso de información; o coñecemento dos dereitos e as liberdades que asisten ás persoas no mundo dixital.

Igualmente, precísase do desenvolvemento de diversas destrezas relacionadas co acceso a información, o procesamento e o uso para a comunicación, a creación de contidos, a seguridade e a resolución de problemas, tanto en contextos formais como non formais e informais. A persoa ha de ser capaz de facer un uso habitual dos recursos tecnolóxicos dispoñibles co fin de resolver problemas reais dun modo eficiente, así como avaliar e seleccionar novas fontes de información e innovacións tecnolóxicas, a medida que van aparecendo, en función da súa utilidade para acometer tarefas ou obxectivos específicos.

A adquisición desta competencia require ademais actitudes e valores que permitan ao usuario adaptarse as novas necesidades establecidas polas tecnoloxías, a súa apropiación e adaptación aos propios fins e a capacidade de interaccionar socialmente en torno a elas. Trátase de desenvolver unha actitude activa, crítica e realista cara as tecnoloxías e os medios tecnolóxicos, valorando as súas fortalezas e debilidades e respectando principios éticos no seu uso. Por outra banda, a competencia dixital implica a participación e o traballo colaborativo, así como a motivación e a curiosidade pola aprendizaxe e a mellora no uso das tecnoloxías.

 

Para o adecuado desenvolvemento da competencia dixital resulta necesario abordar:

  • Información, referíndose a busca, localización, selección crítica, e emprego da información para transformala en coñecemento.
  • Comunicación, que alude a comunicación a través da rede, podendo destacar a consciencia dixital que as tecnoloxías crean ao permitir comunicar e relacionar a persoas de diferente cultura ou ben lingua, permitindo así as persoas desenvolver competencias interculturais a vez que empregan a rede.
  • Creación de contidos, creando e producindo linguaxe con diferentes tecnoloxías dixitais, facendo referencia a desenvolver artefactos culturais.
  • Seguridade, mediante un emprego crítico, coherente e reflexivo das redes, tendo conciencia da súa utilización, así como do uso dos datos, ou sexa, da privacidade e da dificultade de xestionar o público e privado nas redes, é dicir, facer un emprego responsable das mesmas.
  • Resolución de problemas, que fai referencia ao emprego de recursos dixitais para resolver problemas.

Por último, falar de DIGCOMP, o cal é un marco para desenvolver e entender as competencias dixitais en Europa cara unha investigación e o deseño da aprendizaxe liderado polo mestre. Este proxecto foi iniciado en decembro do 2010, liderado por Anusca Ferrari, e co obxectivo de identificar as claves necesarias (coñecementos, habilidades e actitudes) para ser “dixitalmente competente” e así poder elaborar un marco de referencia a nivel europeo para ditas competencias.

 

 

Referencias bibliográficas:

Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (s.f). Competencia Dixital. Recuperado de: https://www.mecd.gob.es/educacion/mc/lomce/el-curriculo/curriculo-primaria-eso-bachillerato/competencias-clave/digital.html

Niño, M. (2014). Proxecto DIGCOMP: un marco europeo para as competencias dixitais. Recuperado de: http://www.mikelnino.com/2014/05/proyecto-DIGCOMP-marco-europeo-para-las-competencias-digitales.html

Zwoch, M. (2016). DIGCOMP: un marco para desenvolver e entender as competencias dixitais en Europa cara unha investigación e deseño da aprendizaxe liderada polo mestre. Recuperado de: https://www.openeducationeuropa.eu/es/article/DIGCOMP%3A-un-marco-para-desarrollar-y-entender-las-competencias-digitales-en-Europa-hacia-una-investigaci%C3%B3n-y-dise%C3%B1o-del-