Pedagogas Profesionais

 

Na última expositiva da materia recibimos a visita de tres profesionais pedagogas as cales traballan en distintos ámbitos.
A primeira en expoñer en que consistia o seu traballo foi a pedagoga do IES Antonio Fraguas, un instituto de educación secundaria que conta cun alumnado alto de diversas culturas, unha vez presentado o insituto no que traballa comentanos diferentes aspectos que desenvolve no seu traballo como por exemplo o marco teórico: clínico/técnico no cal se encarga de etiquetar a la persona, psicopedagoxico no cal interven segun as necesidades do usuario e  o sociopedagoxico no que se prepara a apertura do centro a comunidade.

Tamen explica que o seu ámbito de intervención realizase dende o departamento de orientación do IES e a súa achegada a todo o contorno (familias, equipo directivo, alumnado, profesorado...) tendo en conta as distintas realidades sociais como son a diversidade étnica e cultural, a diversidade social, a dotación de recursos e a xuventude.

O que me parecen máis importante de esta charla foi a orixinalidade de crear ''xuntanzas de barrio'' na comunidade na que se encontra o instituto, na que se crea a constitconst do grupo, a consconsolida do grupo e por ultimo expansión do grupo, sendo esta unha forma de achegarse a comunidade fomentando a inclusión non so entre o alumnado se non tamen estre os cidadans, propietario existente dende 1998 Aínsa que desconocida para min.

Persoalmente fixome reflexionar sobre que esta profesión é un traballo de urxencias constantes, no cal as ferramentas TICs deben obedecer a unha serie de necesidades co obxetivo de resolver os problemas que se presentan.

A segunda en presentar ooseu traballo foi Silvia, unha pedagoga deseñadora de video xogos, o cal ten moito que ver coa tecnoloxia educativa, algo que persoalmente descoñecia como labor dunha pedagoga.
O que nos ensinou Silvia foi en que consistia o seu traballo como pedagoga consistía principalmente en buscar información, seleccionar a información e analizala, organizar a información e adaptar ou construir información. 

En canto o proceso de creación dos videoxogos explicanos que primeiro se recibe a proposta do cliente, despois realizan unha reunion para analizar o documento de proposta, a continuación especifican os requisitos e o modelo educativo ( analise do contexto) e por último realizase o guión multimedia/ documento de deseño do xogo.

Pero o que máis me chamoy a atención de Silvia foron as suas ganas de ser pedagoga profesional dentro do ambito da tecnoloxia educativa, a sua perseverancia para dar a coñecer o seu proxecto, e sobre todo non ter medo de traballar fora como becaria e esforzarse ata chegar a ser profesional.

E por último coñecemos a Raisa, unha pedagoga dun centro de menores en Pontevedra, dela aprendimos que en moitas ocasións os profesionais estan faltos de recursos ou de formación en relación as novas tecnoloxías, o cal era o seu caso. Concretamente no centro no que traballa non esta permitido o uso de teléfonos móviles o cal narra que e moi duro xa que a maoiria dos menores residen no centro e teñen a sua familia nun pais extranxeiro o que dificulta a comunicacion. 
Sen embargo contanos que realizou unha actividade ''Fotovoz'' na cal os menores tiñan a oportunidade de utilizar camaras para expresar como se sentian. O que mais destaco, foi a importancia de ensinar a usar as novas tecnoloxias aos adolescentes para que realicen un bo uso moral delas e asi evitar ter medo sobre como utilizaran as tecnoloxias e evitar asi prohibicións.

Para concluir esta clase serviume para reflexionar ademais do citado anteriormente, para coñecer os diferentes ambitos da pedagoxia e o uso das TICs en cada un deles e asi reflexionar  sobre o meu futuro laboral como pedagoga.