Conectivismo

Conectivismo

Un dos conceptos presentes no desenvolvemento desta materia foi o conectivismo, recollendo a información exposta na clase, entendemos conectivismo como un modelo de aprendizaxe que ofrece a posibilidade de re-imaxinar a experiencia da educación na era da información. Baséase no poder da tecnoloxía de hoxe para fundir os intereses dos xoves, as amizades, e os logros académicos a través de experiencias cara a produción cun propósito compartido, e nas redes abertas. (G. Siemens; S. Downes).

 Estes dous autores, George Siemens e Stephen Downes son os principais representantes desta teoría pedagóxica que pretende explicar como as novas tecnoloxías condicionan a forma na que se producen as aprendizaxes.

 Algúns principios do Conectivismo poderías ser:

  • A aprendizaxe e o coñecemento na diversidade de opinións.

  • A aprendizaxe é o proceso de conectar nodos ou fontes de información.

  • A aprendizaxe pode residir en principios humanos.

  • A capacidade de aumentar o coñecemento é máis importante que o que xa se sabe.

  • É necesario nutrir e manter as conexións para facilitar a aprendizaxe continua.

  • A información actualizada e precisa é a intención de todas as actividades do proceso conectivista.

  • A toma de decisións é en sí mesma un proceso de aprendizaxe. O acto de escoller que aprender e o significado da información que se recibe, é visto a través do lente dunha realidade cambiante. Unha decisión correcta hoxe, pode estar equivocada mañá debido a alteracións no entorno informativo que afecta a decisión.

  • A habilidade de ver conexións entre áreas, ideas e conceptos é unha habilidade clave.

 Segundo o artigo “Conectivismo: unha teoría da aprendizaxe para a era dixital” de G. Siemens, o conectivimo ten o seu punto de partida no individuo. O coñecemento persoal componse dunha rede, a cal alimenta a organizacións e institucións, as que a súa vez retroalimentan á rede, proporcionando nova aprendizaxe para os individuos. Este ciclo de desenvolvemento do coñecemento (persoal a rede, da rede a institución) permítelle aos aprendices estar actualizados na súa área mediante as conexións que formaron.

En conclusión, o conectivismo presenta un modelo de aprendizaxe que recoñece os movementos tectónico nunha sociedade onde a aprendizaxe deixou de ser unha actividade interna e individual. A forma na cal traballan e funcionan as persoas altérase cando se usan novas ferramentas. O conectivismo provee unha mirada ás habilidade da aprendizaxe e as tarefas necesarias para que os aprendices se desenvolvan nunha era dixital.

Referencias