e-learning

Nesta entrada, vou a prestarlle especial atención o concepto e-learning traballado ó longo das últimas clases, e a tódalas súas variantes no que a súa denominación se refire para chegar a unha definición do mesmo.

Neste senso, existen numerosas definicións acerca do termo, debido fundamentalmente a que os actores que del fan uso son moi diversos cada un coas súas singularidades e o seu ámbito de aplicación.

Así, dende a perspectiva da súa concepción e desenvolvemento como ferramenta formativa, os sistemas e-learning, teñen unha dualidade pedagóxica e tecnolóxica. Pedagóxica en canto a que ditos sistemas non deben ser meros contedores de información dixital, senón que tal información debe ser transmitida seguindo uns modelos e patróns pedagoxicamente definidos para afrontar os retos destos novos contextos. Tecnolóxica, xa que o proceso de ensinanza-aprendizaxe susténtase en aplicación software, principalmente desenvoltas en ambientes web, o que lle dá a estes sistemas o sobrenome de plataformas de formación.

Aínda así os autores que traballan sobre isto (véxase Cabero et all, 2004), coinciden en afirmar que e-learning é un modelo de formación a distancia o cal emprega Internet como ferramenta de aprendizaxe, pois cun ordenador e cunha conexión a Internet, o alumno realiza as actividades interactivas plantexadas, accede a toda a información necesaria para adquirir coñecemento, o alumno/a recibe axuda do profesorado, podéndose comunicar co titor/a e cos seus compañeiros/as.

PERO QUE PODEMOS ENTENDER POR ESTE TIPO DE FORMACIÓN?

Ben, seguindo o artigo publicado na RUSC Bases psicopedagóxicas do e-learning polo catedrático Julio Cabero debemos coñecer, primeiramente, aqueles termos que se veñen utilizando para referirse ó termo: aprendizaxe en rede, aprendizaxe electrónico, aprendizaxe virtual, teleformación, teleducación entroutros.

Con todas elas referímonos á formación que emprega a rede como tecnoloxía de distribución da información, sexa a rede aberta (Internet) ou pechada (Intranet).

Nesta liña podemos entender a formación en rede como o desenvolvemento do proceso de formación a distancia reglada ou non reglada, baseado no uso das tecnoloxías da información e as telecomunicacións, que posibilitan unha aprendizaxe interactiva, flexible e accesible, a calquera receptor potencial, sobre todo aprobeitando os medios que ofrece a rede Internet.

Entón, tal definición permítenos expresar unha seria de descriptores sobre o concepto tales como: formación, a distancia, baseada en TICs e fundamentalmente apoiadas en Internet.

Agora ben CALES SON AS CARACTERÍSTICAS DISTINTIVAS DO TERMO?

As características podémolas analizar dende unha dobre óptica: dun lado, comparándoa coa ensinanza presencial tradicional, e por outro, presentando as propias características distintivas.

Botemos unha ollada entón as seguintes táboas que dan boa conta diso:

CARACTERÍSTICAS DA FORMACIÓN EN REDE -  FORMACIÓN PRESENCIAL

FORMACIÓN BASEADA NA REDE

FORMACIÓN PRESENCIAL TRADICIONAL

- Permite que os estudantes vaian ó seu propio ritmo de aprendizaxe.

- É unha formación baseada no concepto de formación no momento que se necesita (just in time training).

- Permite a combinación de diferentes medios e materiais auditivos, visuais e audiovisuais.

- Cunha soa aplicación pode atenderse a un maior número de estudantes.

- O coñecemento enténdese como un proceso activo de construcción.

- Tende a reducir o tempo de formación das persoas.

- Tende a ser interactiva tanto entre os participantes no proceso (profesor-estudante) como dos contidos.

- Tende a realizarse de forma individual.

- Pode empregarse no lugar de traballo e no tempo disponible por parte do estudante.

- É flexible.

- Existe pouca experiencia no seu uso.

- Non sempre se dispoñen dos recursos estructurais e organizativos para a súa posta en práctica.

Parte dunha base de coñecemento, e o estudante debe axustarse a esta.

- Os profesores determinan cando e como os estudantes recibirán os materiais formativos.

- Parte da base de que o suxeito percibe pasivamente o coñecemento para xerar actitudes innovadoras, críticas e investigadoras.

- Tende a apoiarse en materiais impresos e no profesor como fonte de presentación e estructuración da información.

- Tende a un modelo lineal de comunicación.

- A comunicación desenvólvese entre profesor-alumno.

- A ensinanza é preferiblemente grupal.

- A ensinanza desenvólvese nun tempo e momento e lugar concreto, cun tempo fixo e aulas específicas.

- Ten rixidez temporal.

- Existe moita experiencia no seu emprego.

- Dispóñense de numerosos recursos estructurais e organizativos para a súa posta en funcionamento.

FONTE: REVISTA DE UNIVERSIDADE E SOCIEDADE DO COÑECEMENTO (RUSC)

 

CARACTERÍSTICAS DA FORMACIÓN EN REDE

- Aprendizaxe mediado por ordenador.

- Uso de navegadores web para acceder á información.

- Conexión profesor-alumnos separados polo espazo-tempo.

- Utilización de diferentes ferramentas de comunicación

- Almacenaxe, mantemento e administración dos materiais sobre un servidor web.

- Aprendizaxe flexible.

- Aprendizaxe moi apoiado en titorías.

- Materiais dixitais.

- Aprendizaxe individualizado vs colaborativo.

- Aprendizaxe interactiva.

FONTE: REVISTA DE UNIVERSIDADE E SOCIEDADE DO COÑECEMENTO (RUSC)

Polo tanto, ben se podo dicir que a formación baseada na rede, tamén denominada e-learning refírese a unha modaliade formativa a distancia que se apoia na rede, e que facilita a comunicación entre profesor-alumno segundo o emprego de determinadas ferramentas de comunicación. (Cabero et al., 2004).

REFERENCIAS:

www.uoc.edu/rusc/3/1/dt/esp/cabero.html

http://www.slideshare.net/neohumano/e-learning-concepto-elementos-y-metodologa

http://www.e-abclearning.com/definicione-learning

 http://www3.usal.es/~teoriaeducacion/rev_numero_03/n3_art_garcia-garcia.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Aprendizaje_electr%C3%B3nico