O transfondo dos obxectos

Hoxe en clase reflexionamos sobre o que víamos nunha imaxe e deime conta, a través desta actividade, do transfondo que teñen os obxectos cos que tratamos todos ou case todos os días. De aí que me parase a pensar nun aparello que tanto empregamos e que apenas pensamos no que nos aporta e tamén no que nos quita. Xa non só pensando persoalmente, senón en clave educativa. Polo tanto, gustaríame falar do uso da computadora, e intentareino facer dende unha visión pedagóxica.

Para min unha computadora é unha ventá ao coñecemento que nos facilita a comunicación, obter información, curar contidos a través de diversas ferramentas as cales se pode acceder con ela, crear documentos, establecer comparacións, gardar arquivos como poden ser artigos académicos, informativos, entre outros. Sérvenos para aprender a través de cursos online ou mesmo con aplicacións ou xogos educativos.

Xa dende outro punto de vista tamén transmiten frialdade, por exemplo, cando estamos nunha clase todos coas computadoras sen apenas mirar para o profesor ou establecer debates cos nosos compañeiros. Pode ser unha barreira e incluso chegar a substituír elementos tan básicos como ir a unha escola, e a min, persoalmente, non me gustaría chegar a este punto.

Estas son algunhas das ideas que eu fun analizando ao pensar nunha computadora, pero sei que se pode chegar moito máis ao fondo, e como pedagogas que algún día seremos ,son cousas nas que considero que debemos pensar.

Polo tanto, podería unha computadora ou a tecnoloxía ocupar o lugar dos mestres e mestras? A continuación deixo un link dun artigo que considero interesante con respecto a isto.

http://www.educacionfutura.org/podra-la-tecnologia-reemplazar-a-los-maestros/

Comentarios

  • Ángela González Villa

    Hola Noelia! Ante a pregunta que plantexas o final, considero que os ordenadores non poderían ocupar o lugar dos mestres do mesmo xeito ca eles. Un ordenador si que pode reproducir os contidos, bloques temáticos, etc.. Pero non pode acompañar no proceso de ensinaza-aprendizaxe tal e como o fai un mestre, mostrando empatía, comprensividade, funcionando de apoio, respondendo as necesidades do alumno, non só académicas, se non tamén emocionais, transversais... Un mestre debe ser moito máis que un simple reproductor de contidos, por elo, creo que desde esta perspectiva do docente, unha máquina non o podrera substituir. 

     

  • Noelia Suárez

    Moitas grazas Ángela pola túa aportación, pero considero, a pesar de estar de acordo co que dis, que na sociedade na que vivimos nunca podemos asegurar nada. Só nos queda esperar e facer todo o que estea nas nosas mans para que iso non ocorrda. Unha aperta.