Curación de contidos

Curación de contidos, curación de contidos, curación de contidos...

Durante a segunda clase interactiva da materia, non paraba de saíres ese termo o cal non coñecía, polo que me parecía necesario indagar sobre el.

Segundo Sergio Ortega, enténdese por curación de contidos como a capacidade por parte dun sistema ou do ser humano de atopar, organizar, filtrar e dotar de valor, relevancia, significatividade, en definitiva, de utilidade o contido dun tema específico que procede de diversas fontes (medios dixitais, ferramentas de comunicación, redes sociais...).

Ademais dunha actividade relacionada co marketing, a curación de contidos tamén é vista como unha maneira de aliviar a “intoxicación” informativa que sufrimos nos nosos días.

Esta actividade non é nova, xa que antes do aumento da popularidade de Internet e as redes sociais, os periodistas, documentalistas e inclusive os profesores viñan desempeñando esta labor.

A curación de contidos pódese levar a cabo de cinco maneiras diferentes:

  • Agregación: reunir a información máis relevante sobre un tema específico nunha mesma localización.
  • Destilación: realizar a curación nun formato máis simple, onde so as ideas máis importantes ou relevantes son compartidas.
  • Elevación: identificar tendencias en pequenas porcións de información compartidas online (coma os tuits).
  • Mestura: mestura de contidos curados para crear un  novo punto de vista.
  • Cronoloxía: reunir información histórica organizada sobre a base de tempo para mostrar a evolución na percepción dun tema en particular.

Algúns dos beneficios da curación de contidos son os seguintes:

  • Optimiza o posicionamento en motores de busca (SEO): a curación de contidos permite xerar contido para un sitio web ou blog o que mellora o posicionamento natural nos buscadores.
  • Mellora a reputación: a curación de contidos favorece o fortalecemento da marca e permite conseguir relevancia na audiencia.
  • Aumenta a produtividade: a curación de contidos permite aforrar tempo e esforzo, logrando traballar dunha maneira áxil na información que é relevante para a audiencia da empresa.
  • Facilita o relacionamento: curar contidos facilita o relacionamento entre autores dos artigos orixinais e as marcas que o viralizan e permite establecer alianzas que fortalezan a estratexia de comunicación e marketing da empresa.

Diferenciamos cinco etapas para levar a cabo o proceso de curación de contidos.

  • Identificar necesidades: o proceso de adquisición da información debe responder a unha estratexia corporativa formulada con anterioridade. Débense identificar con precisión as necesidades da audiencia a que se lle vai a entregar o contido recopilado e curado.
  • Adquirir coñecementos: o curador de contidos debe estar en capacidade de identificar a información en Internet e as redes sociais que sexa valiosa para a audiencia e que estea aliñada coa estratexia corporativa.
  • Validar e almacenar: o curados debe validar a pertinencia, usabilidade e a actualidade do contido atopado en Internet e as redes sociais para logo almacenalo coas súas respectivas fontes nun sistema de repositorio confiable.
  • Compartir e distribuír: débense seleccionar as canles para compartir e distribuír o contido. As redes socias son moi eficaces para esta etapa do proceso.
  • Medir e mellorar: débese estar atento a reacción da audiencia con cada peza do contido para identificar cal é a de máis interese para eles. Débese afinar de maneira permanente o tipo de contido seleccionado de acordo a retroalimentación.

Algunhas das principais ferramentas para realizar curación de contidos son:

  • Delicious: é unha das ferramentas pioneiras na curación de contidos, e a súa principal fortaleza é o seus sistema de clasificación de temas mediante etiquetas.
  • Curata: ferramenta coa que podemos buscar e arquivar contidos interesantes e relevantes.
  • Symbaloo: plataforma na nube que permite gardar as túas páxinas web favoritas, vídeos, artigos, feeds e moito máis.
  • Scoop it: ferramenta que permite compartir contidos, filtralos e almacenalos para lelos.

Referencias bibliográficas:

Balhisay. (2015). Gestionando el caos a través de mi PLE. [Mensaje en un blog]. E-Aprendizaje. Recuperado de: http://e-aprendizaje.es/2015/03/09/gestionando-el-caos-a-traves-de-mi-ple/

Mejía, J.C. (2016). Guía de Curación de Contidos. Recuperado de: http://www.juancmejia.com/redes-sociales/guia-de-curacion-de-contenidos-que-es-beneficios-herramientas-pasos-de-implementacion-y-el-curador-de-contenidos-infografia/