Traballo por proxectos

Na clase expositiva de hoxe abordamos o tema de traballo por proxectos. Presentaronse as seguintes frases:

  • A tecnoloxía axudará a innovar as institucións educativas.
  • Hai que pensar en integrar o suficiente hardware para que todos teñan acceso, como solución aos problemas educativos.
  • A tecnoloxía é boa para o aprendizaxe, motiva ao alumnado e fai máis fácil e máis rápido a interiorización de contidos.
  • A capacidade de transformación da educación non é algo intrínsico a tecnoloxía.
  • As tecnoloxías son insuficientes para mellorar a educación se a súa integración non se produce no contexto dunha reformulación metodolóxica global (formativa, organizativa e curricular), capaz de xerar algú tipo de ruptura cos modelos educativos previos.

Tras a presentación de estas frases en grupos de dous ou tres persoas resaltamos en cales estabamos de acordo ou en desacordo e o por qué. Posteriormente, debatimos na clase os diferentes motivos.

A continuación, visualizamos tres vídeos sobre distintos proxectos de integración das tecnoloxías nas aulas dos cales saquei a conclusión que se non fas un bo uso delas solo son innovadoras nun primeiro instante por ser novidade.

Ademias, coñecemos dous enfoques relacionaados con isto, que son: o modelo tecnocrático e o modelo relaciona.

Finalmente, procedemos a lectura do conto "Una piedra tirada en un estanque" de Gianni Rodari da cal saquei que mediante os proxectos hai que xerar diferentes movementos en diferentes momentos e que é importante a idea de que algo se mova.