Pechando a primeira etapa de Tecnoloxía Educativa

Por Lucía Rico

Para finalizar esta primeira etapa da asignatura, presentáronsenos unha serie de preguntas de cara á realización do Practicum, a raíz das cales cheguei a certas conclusións que compartirei nesta entrada.

Existe unha crenza que calou moi fondo na sociedade que é a de que a tecnoloxía supón innovación en todos os ámbitos, xa non só nas institucións educativas. Pola miña experiencia podo dicir que a tecnoloxía por si soa non supón ningún tipo de innovación. Pódese estar a facer o mesmo que antes pero con ordenadores, tablets... sendo o proceso educativo o mesmo, e ahí non existe un cambio, simplemente se emprega outro soporte.

Na mesma liña, contrariamente ao que se está facendo, o simple feito de mercar ordenadores, caros equipos e proxectores non vai solucionar os problemas educativos, os cales están demasiado arraigados e requiren dun cambio no sistema, non é cuestión só de ter materiais novos na aula.

Por outra parte, a motivación no alumnado pode darse coa novidade de ter novas pizarras, ordenadores, tablets... pero como todo, volverase unha rutina, deixará de resultar atractivo, e se a metodoloxía de aprendizaxe non cambia, a situación será a mesa que cos materiais tradicionais. Ademais non debemos xeralizar, cada alumno aprende dunha maneira distinta e síntese motivado por cousas diferentes; e non só iso, senón que a facilidade coa que se interiorizan os contidos non depende do uso da tecnoloxía, pero si dos ámbitos que se estean a tratar, da materia en cuestión, do profesorado, dos programas informáticos,... A tecnoloxía non ten porque transformar a educación, non se creou para iso, o primeiro uso para o que se crearon os ordenadores non foi procurar unha mellora na educación, polo tanto non é algo intrínseco á tecnoloxía.

O cambio real na educación, ao igual que plantexou a profesora, considero que ven dado por pequenos avances que poidan ir construindo e xerando o gran cambio que se precisa, xa que comezar directamente por cambiar o sistema en xeral non resultaría moi realista.

A continuación deixo un vídeo bastante representativo do falado hoxe na sesión expositiva: icorporación de novas tecnoloxías, innovación, xerar un cambio...

"Non é suficiente con ter unha tecnoloxia 2.0 para obter un modelo 2.0", Que credes?