Contornas Persoais de Aprendizaxe

No último post publicado, mencionei diversas ferramentas que serven para filtrar, clasificar e organizar información. Todas elas eran descoñecidas ata que na materia de Documentación Educativa, así como nesta materia, as descubrín. Isto supón un cambio a hora da busca de información como a hora de filtrala, xa que coñezo unha serie de criterios para poder seleccionar a información correctamente. Relacionando contidos, podo falar dunha maneira de aprendizaxe, nomeada coma Contornas Persoais de Aprendizaxe (en inglés: Persoal Learning Environment, PLE), que é o conxunto de elementos (recursos, actividades, fontes de información) empregados para a xestión da aprendizaxe persoal. Segundo Jordi Adell, PLE refírese a posibilidade que nos da Internet de empregar un gran número de ferramentas, que son gratuítas e individualizadas, e supoñen unha rica fonte de información e contactos para aprender cunha maior calidade.

Balhisay, ademais de falarnos do PLE, tamén relata as fontes de información que emprega. Scoop.it non a coñecía ata agora, mentres que as alertas de Google e Twitter si; esta última agora xa non a emprego, pero fai uns anos empregábaa a diario, xa que é unha gran fonte de información, onde grazas a todas as contas que seguía, recibía unha gran cantidade de contidos. Na segunda parte do proceso de xestión de información de Balhisay, a cal supón filtrar os contidos, so recoñecía Delicious, pero non tiven o pracer de empregalo. E por último, a terceira parte consiste na recreación ou creación de novos contidos, para o cal a información que se seleccione de maneira previa é fundamental. E en canto a miña experiencia para xerar contidos, comparto co autor tanto SlideShare, para presentacións, coma Youtube, para vídeos, entre outros.

Xa para finalizar, fago unha breve referencia ás competencias dixitais que debemos manexar como futuros/as pedagogos/as.

  • Deseñar plans, programas e accións adaptadas aos distintos niveis do sistema educativo nas modalidades presenciais, semipresenciais e virtuais.
  • Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.
  • Avaliar plans, programas, proxectos, procesos de ensinanza-aprendizaxe e medios e recursos educativos e formativos.
  • Asesorar sobre a integración das Tecnoloxías da Información a Comunicación nos procesos educativos e formativos.
  • Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos (lingüísticos, materiais e tecnolóxicos).

 

Referencias bibliográficas:

Balhisay. (2015). Gestionando el caos a través de mi PLE. E-Aprendizaje. Recuperado de: http://e-aprendizaje.es/2015/03/09/gestionando-el-caos-a-traves-de-mi-ple/

Reig, D. (2011). Entornos personales de aprendizaje (PLE). Recuperado de: http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/ecoescuela/ate/2011/06/30/entornos-personales-de-aprendizaje-ple/

Universidade de Santiago de compostela. Grado en Pedagogía. Recuperado de: http://www.usc.es/es/centros/cc_educacion/materia.html?materia=116983