Xogando con vidas...

Durante a terceira clase expositiva da materia, tivemos unha novidade, ou mellor dito, tres. A mestra chegou acompañada de tres chicas, as cales descoñecíamos por completo. Lola, Silvia e Raisa, tres pedagogas que nos viñan a relatar a súa experiencia nos seus respectivos ámbitos de traballo, en relación ao emprego das TIC neles.

Lola, orientadora do IES Antonio Fraguas de Fontiñas, relatábanos o seu traballo no instituto, así como o emprego das TIC como ferramenta de apoio no centro. Segundo nos relataba, Lola traballa de xeito directo co alumnado, levando a cabo o modelo de intervención sociopsicopedagóxico, e traballando en continua colaboración coa comunidade educativa. A experiencia desta pedagoga sorprendeume, polo feito de non estares acostumada a que unha orientadora teña unha implicación tan directa co alumnado e coa comunidade, xa que coas orientadores que tiven trato, ningunha se implicaba desa maneira.

Silvia, deseñadora e avaliadora de materiais didácticos, expoñíanos as tarefas que realiza no seu traballo. Estas son a curación de contidos: busca de información, selección e análise crítica da información, organización da información, compartir información, e por último, construír ou adaptar a información. Pareceume interesante a labor desta pedagoga, ademais de que era descoñecedora de que tivésemos traballo nese ámbito, e que fósemos das pezas fundamentais para o deseño de videoxogos.

E por último, Raisa, pedagoga no Príncipe Felipe. Esta experiencia foi a que máis me chamou a atención, xa que era a primeira vez que recibía en primeira persoa unha práctica deste calibre. Raisa non sabía de que falarnos na sesión, xa que ela entendía que a súa labor no centro coas TIC pois era nula, xa que o Regulamento do Réxime Interno prohibe empregar os dispositivos móbiles na institución. Comprendo que polo tipo de centro que é, pois teñan medo sobre o uso destes aparatos polo ciberbullying ou o mal uso das tecnoloxías por exemplo. Máis ao noso favor, como profesionais que somos, por que non modifican o Regulamento e así poderlles ensinar aos xoves a empregar as TIC adecuadamente? Pero para poder afrontar isto, sería necesario estar preparados profesionalmente ante estas situacións, polo que sería preciso ampliar a nosa formación como pedagogos/as, para así poder contribuír de maneira axeitada a formación dos xoves. Como ben Raisa nos dixo, precísase ter empatía e ter unha atención individualizada con estes rapaces/as, xa que “xogamos con vidas”.

Estas experiencias, ademais de servírenos para ver o abanico de opcións que temos para o noso futuro, axúdanos a comprender a nosa realidade, e a afrontar se realmente estamos preparados para exercer o noso papel como pedagogos/as.