Ángela Rodríguez

Estudante de Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela

Conceptos na práctica

Este primeiro período de prácticas realiceino no Centro Sociocultural de As Fontiñas, máis concretamente na área de Serizos Sociais do concello de Santiago. Ao longo da miña estancia, puiden observar o papel que desempeñan as novas tecnoloxías no día a día desta institución pública, así como as diversas actividades que se levan a cabo para o fomento do emprego das TIC en persoas de todas as idades, e o bo uso das mesmas.

Unha infografía é un xeito moito máis visual e representativo de mostras aquelas ideas e conceptos clave que queremos comunicar. Todo un descubrimento para min este novo recurso, que non dubidarei en aprobeitar noutras materias! Ademáis, non só de cara á realización de infografías, a páxina web Educación 3.0 paréceme realmente interesante. 

Móstrase a continuación a infografía realizada a raíz da relación entre a miña experiencia nas práticas e os conceptos mostrados ao longo da mateira de Tecnoloxía Educativa. Para a súa elaboración empreguei a ferramenta Venngage.

Conceptos na práctica