Formigas que aceleran as busquedas de persoas nas redes sociais

As formigas inspiran un algoritmo de procura nas redes sociais

Segundo un artigo da Voz de Galicia[1] “Un equipo de investigadores da Universidade Carlos III de Madrid desenvolveu un algoritmo matemático para procuras en redes sociais que imita o comportamento das formigas á hora de buscar comida para atopar a ruta máis curta entre dous puntos. O obxectivo do algoritmo é buscar camiños do mesmo xeito que as formigas buscan alimento: os elementos que dirixen á ruta máis idónea conteñen unhas marcas tal e como as formigas van deixando feromonas pola ruta máis directa á comida”

Jessica Rivero, responsable da investigación, explicou que “as formigas empezan a moverse desde o formigueiro e van como tolas pola terra, pero ao final hai unha que de súpeto atopa a comida e xa sabe como guiar ás outras (con feromonas) para que cheguen”, pois deste mesmo xeito o que fan este grupo de investigadores é simular ese movemento aleatorio nun grafo.

Por outra banda, tamén sostivo que “Nunha rede social, a cada persoa simulámola como un nodo e relacionámola coas demais mediante ligazóns. Cando busca a outra persoa adxudicámoslle un formigueiro de orixe e lanzamos formigas por todo o grafo que van movéndose cara ao destino desexado”

Podemos leer máis na seguinte ligazón:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vidadigital/2012/06/04/hormigas-inspiran-algoritmo-busqueda-redes-sociales/00031338824176095999586.htm?idioma=galego

Podemos ver aquí, que na sociedade na que vivimos , temos que avanzar, evolucionar, mellorar, e incluso buscar calquera cousa que sirva de novidade, que sorprenda para poder triunfar. O que fixeron este grupo de investigadores foi algo magnifico que resulta moi raro, pero que á hora da verdade é una boa opción.

Imitar o comportamento das formigas á hora de buscar comida, pode axudar a  encontrar dunha maneira máis rápida e eficaz o encontro entre dúas persoas. Este encontró podemolo facer de mil maneiras, pero resulta impactante o proceso desde grupo de investigadores que necesitan avanzar creando novos métodos para no estancarse.

Pareceume una idea fabulosa e que seguro que terá o éxito asegurado.