Coñecemento aberto ou pechado?

O outro día en clase estivemos falando de se o coñecemento debería ser aberto ou cerrado, pois estamos vivindo na Sociedade do Coñecemento, onde este se atopa accesible en todo momento.  Eu nesta cuestión síntome contrariada. Por unha parte considero que o coñecemento debe ser aberto, todos deberíamos poder acceder a el sen restrición algunha, pero tendo en conta sempre que hai que recoñecer ao autor da fonte de onde se recolle a información que aporta o susodito coñecemento. Isto permitirá non só que todos poidamos acceder a mesma información e polo tanto non sexamos discriminados en canto a tal, pero tamén permitirá que poidamos ampliar o coñecemento dos demais a través das nosas aportacións á información que nos chega de diversos campos.

Por outra banda, penso que na sociedade na cal nos vamos a converter, onde imperen as máquinas e non o traballo realizado polas persoas, o coñecemento é un ben moi prezado que, como se dicía nun vídeo que vimos en clase, será fonte de poder. Polo tanto, quen teña ese coñecemento converterase en imprescindible nesa suposta sociedade futura.

A pesar disto eu penso que debemos compartir todos os nosos coñecementos, sempre, claro está, que se recoñeza  nosa autoría. Para iso, temos unha ferramenta que é Creative Commons.

Antes de falar desta ferramenta, cabe mencionar que o Copyright esta identificado polo símbolo ©  permítelle ao titular da obra explotala en exclusiva pois está protexida pola Lei de Propiedade Intelectual. Por outra banda, tamén cabe dicir que o CopyLeft é un movemento social e cultural alternativo ao copyright que defende o uso de licencias libres para compartir e reutilizar recursos (CRAI Biblioteca, Universidade Politécnica de Cartaxena) .

A pesar de que existen diversas licencias libres, as máis empregadas son as licencias Creative Commons.

Como ben se mostra pola Universidade Politécnica de Cartaxena (CRAI Biblioteca), Creative Commons é unha organización, sen ánimo de lucro, que ofrece licencias libres que lles permiten aos autores introducir a súa obre de forma libre en Internet, limitando os usos que se poden facer desas obras. Grazas a estas licencias o autor autoriza o uso das súas obras, mentres que esta segue protexida. Polo tanto, en contraposición co Copyright, o Crative Commons quere dicir “algúns dereitos reservados”.

A continuación mostro as catro condicións das licencias Creative Commons:

  •   Recoñecemento.
  •  Sen obra derivada.
  •  Uso non comercial.
  •  Compartir igual.

Ademais, existen seis tipos de licencias que son a combinación das condicións anteriores.

  •    Recoñecemento.
  •  Recoñecemento e sen obra derivada.
  •  Recoñecemento, sen obra derivada e uso non comercial.
  •  Recoñecemento e uso non comercial. 
  •  Recoñecemento, uso non comercial e compartir igual.
  •  Recoñecemento e compartir igual.

En conclusión, comparte as túas obras, fai que o coñecemento estea ao alcance de todos, pero que ao mesmo tempo recoñezan a túa autoría, pois sempre é gratificante que recoñezan o noso traballo.

(Universidade Politécnica de Cartaxena. (s.f.) Las licencias Creative Commons. Cartaxena. CRAI Biblioteca. Recuperado de http://www.bib.upct.es/las-licencias-creative-commons )