Relacionando o Prácticum I coa materia

Durante o Practicum que realicei na Semente da Torreira con crianzas de 2 a 6 anos, non puiden ter moitas experiencias relacionadas coas novas tecnoloxías. O contacto limitouse á presentación de vídeos para facilitar a achega de realidades descoñecidas para os rapaces, así como para realizar unha vídeo-chamada por Skype para manter contacto e facer que perdure a relación coa Semente das Salvadas. Considero que podería haber resultado de interese propiciar que as crianzas establecesen un contacto máis continuado e directo coas novas tecnoloxías, xa que a fin de cotas, estamos rodeadas por elas e debemos saber como adaptarnos.

Por estes motivos, as competencias dixitais do alumnado son practicamente inexistentes, xa que nunca se lles presenta a oportunidade de adquirir coñecementos e destrezas nese campo. Vivindo na sociedade da información, cada novo tema ou proxecto presentado aos cativos sería unha boa escusa para buscar na rede elementos e recursos que lles facilitasen a comprensión e adquisición deses novos coñecementos, ademais sería algo atractivo para eles e ao principio xogaría a favor o feito de ser a novidade e saírse da rutina.

Na semente coidan moito o tema do idioma, o laicismo, a coeducación, etc, por isto a cura de información que se debería levar a cabo tería que ser realizada a conciencia, senón estarían contrariando os seus principios. Esta cura de información tamén podería aplicarse á hora de buscar na rede recursos válidos para que as familias empreguen cos cativos nas súas casas.

Considero que un dos obstáculos que existen para o non uso das novas tecnoloxías neste centro, é quizás a falta de formación por parte do propio profesorado, de maneira que son reticentes a presentalas ao alumnado, por non verse ao mellor o suficientemente capacitados. O cambio podería comezar nesa formación en recursos TIC para o profesorado.

competencia dixital.jpg

Comentarios

  • María Rodríguez Miguéns

    Boas Lucía, debido á situación que plantexaches, véxome totalmente identificada, xa que no lugar onde realicei as prácticas, o uso das novas tenoloxías tamén estaba limitado. Penso, ao igual que ti, que ao vivir na sociedade da información, todos deberían ter as mesmas opotunidades para estar en continuo contacto coas competencias dixitais. Non cres que tamén sería necesaria unha materia na que se tratasen este tipo de contidos e, polo tanto, se achegase aos nenos a realidade tecnolóxica?

  • Lucía Rico

    Boas María! Sinto a tardanza en responder. O certo é que non creo que sexa tan necesaria unha materia específica como o sería o feito de tratar a competencia dixital de xeito transversal. Desta maneira, poderían traballar arredor de dita competencia en todas as materias co currículo, tendo sempre presentes estes avances que traen consigo as novas tecnoloxías.

    Un saúdo!