Rompendo barreiras da man das novas tecnoloxías (relación Prácticum I - contidos da materia)

 Despois de realizar o Prácticum I no CODI (Centro Ocupacional para Persoas con Discapacidade) de Valga , gustaríame destacar que na institución, non se fai un uso continuo das novas tecnoloxías, polo que apenas estiven en contacto con conceptos traballados previamente na materia de Tecnoloxía da Educación. Cabe puntualizar que, unha gran parte dos suxeitos, non saben ler nin escribir, polo que o emprego das tecnoloxías se ve limitado. Só algúns teñen móbil, pero non poden facer uso del dentro da institución e tamén se emprega o televisor da aula para a proxección de vídeos ou películas.

Por isto, penso que sería moi necesaria a posta en marcha dun taller de iniciación en novas tecnoloxías, para que todos e cada un dos suxeitos e, polo tanto, nativos dixitais, teñan a oportunidade de obter coñecementos básicos e útiles. Nun primeiro momento levaríase a cabo unha charla informativa adaptada sobre contidos tecnolóxicos e sobre o concepto "sociedade da información". Para levar a cabo o taller do que se está a falar, precísase persoal cualificado no ámbito tecnolóxico, capaz de adaptar os termos teóricos mediante xogos e dinámicas. Ademais tamén se necesita material simbólico, como é o caso dos ordeadores (un por persoa) e unha pizarra electrónica. Deste xeito, potenciarase o densenvolvemento do aprendizaxe e tamén a cooperación e interrelación no grupo.

Por outro lado, en canto aos profesionais da institución, cabe destacar o manexo das novas tecnoloxías para a recollida de información necesaria e a posterior elaboración de actividades, onde se ve reflaxada a "competencia dixital". Deste xeito, faise referencia á comunicación en entornos dixitais, compartindo recursos a través de ferramentas en liña; a creación ou edición de novos contidos e a seguridade ou privacidade, á hora de protexer os datos dos suxeitos.

Debo dicir que foi unha experiencia fantástica e enriquecedora, na que a pesar de non ser unha institución na que se ven inmersos diversos contidos tecnolóxicos, me fixo reflexionar sobre a necesidade de crear un taller de iniciación en novas tecnoloxías para persoas con discapacidade. A tecnoloxía é unha boa opción para o desenvolvemento da aprendizaxe destes usuarios, potenciando a motivación e a interiorización de contidos.

TECNOLOXÍA PARA TODXS!

  TECNOLOXÍA PARA TODXS