Copyleft

Esta semana na materia de Tecnoloxía Educativa fixemos un xuízo ficticio sobre un caso onde Alexandra Elbakyan era acusada polas multinacionais editoriais Elsevier e SAGE por roubo de propiedade intelectual.

Ao meu grupo tocoulle ser Creative Commos e optamos por defender o caso, para elo organizámonos rapidamente e repartimos os roles, incluso creamos un documento compartido por todos para introducir a información que íamos recompilando.

Neste sentido podo dicir que a experiencia foi moi gratificante e considero que a nosa metodoloxía de traballo foi moi adecuada.

Pero neste post non veño a falar do xuízo, senón dun dos conceptos que apareceu nas nosas alegacións e que no transcurso da actividade puiden observar que non todo o mundo o coñecía , a pesar de ser un concepto relacionado co coñecemento aberto: o Copyleft.

O Copyleft, en contraposición ao copyright, é unha práctica legal que consiste no exercicio do dereito de autor co obxectivo de proporcionar tanto o uso como a distribución libre dunha obra, esixindo que os concesionarios preserven as mesmas liberdades ao distribuías as súas copias e derivados, podendo establecerse algunhas restrinxións de acordo ao uso que se lle quira dar (Definiciónyque.es). Este está proposto como alternativa e defensa contra as restricións ao público aos que normalmente recorren os editores e industrias do coñecemento.

É dicir, o Copyleft avoga polo coñecemento aberto, ao igual que o fan as licencias Creative Commons mencionadas no meu anterior post, as cales se rexen por esta práctica legal.  

E a vos, que opinión vos suscita tanto o Copyleft e como o coñecemento aberto?

BIBLIOGRAFÍA

Copyleft (s.f.). En Definicionyque.es. Recuperado de http://definicionyque.es/copyleft/ 

Comentarios

  • Lucía Lareo

    Hola Noelia, a pesar de que o post se centra no concepto de copyleft quería deixar constancia tamén da miña participación no xuízo ao que fas referencia no inicio da túa publicación, e ao igual ca ti considero que foi unha experiencia moi gratificante e interesante, unha forma diferente de aprender. O meu grupo constituía a defensa de Alexandra Elbakyan, quen como ben dixeches foi acusada por roubo de propiedade intelectual. 

    No referente ao concepto de copyleft e máis ampliamente de coñecemento aberto, quixera recuperar un fragmento do meu post Conocimiento abierto​, o cal recordei tras a lectura da túa presente publicación:​"...existe una relación entre el conocimiento abierto y el software libre, pudiendo definirse este último como aquel que puede ser distribuido, modificado, copiado y usado, y por tanto, debe ir acompañado del código fuente para hacer efectivas las libertades que lo caracterizan. Dentro del software libre hay que tener presente que, el software de dominio público significa que no está protegido por copyright, por tanto, puden generarse versiones no libres del mismo, sin embargo, el software libre protegido con copyleft impide a los redistribuidores incluir restricciones a las libertades propias del software así concebido, garantizando que las modificaciones seguirán siendo software libre protegido con copyleft."​.

    Qué che suxire a ti isto? Un saúdo! 

  • Ángela Rodríguez

    Hola Noe! Moitas veces escoiten falar de copyleft, pero nunca antes me propuxera indagar máis sobre o termo. Cando o día do xuízo saíu o concepto á palestra, descubrín a importancia deste no tema que estamos a tratar na aula. Ademais, no clis 3 contábamos con información sobre o copyleft de cara a defender a postura de Creative Commons

    Penso que o copyleft, como alternativa contra as restriccións ás que o público é sometido por parte das editoriais, xoga un papel moi importante no tocante ao coñecemento aberto. E non só mantén relación con este tipo de coñecemento, senón tamén con outros conceptos que saíron á luz o día do xuízo, como pode ser a intelixencia colectiva. Non debemos esquecer que, tendo en conta a sociedade actual na que vivimos, a sociedade do coñecemento, o feito de compartir información, ser colaborativos e participativos na rede, é esencial. Polo tanto, por que poñer prezo ao coñecemento e á cultura? 

  • Noelia Suárez

    Hola Lucía, pois a verdade que o concepto de sofware libre xa era coñecido pola miña persoa, considero que debería estar baixo o copyleft e algún tipo de licencia que fixera que todos aqueles que se xeraran a partir del tamén tiveran qeu ser de dominio público, pois considero moi importante o coñecemento aberto. Polo tanto, estou de acordo co sofwere libre pero considero que deberían tamén libres todos aqueles que se xenereren a partir do inicial.

    Un saúdo!

  • Noelia Suárez

    Boas Ángela, esa última frase recórdame a nosa alegación final no xuízo. Paréceme moi triste que se lle poña un precio a cultura e moito más que se teña que pagar por publicar certas produccións académicas. O copylefht está relacionado con moitas máis conceptos e está moi presente nas licencias Creative Commons, polo tanto considero que é un termo que deberíamos coñecer todos e ter moito en conta.

    Grazas polo teu interese e as túas aportacións. Un saúdo e unha aperta.