Coñecemento libre

Despois das clases de esta semana, pareceme axeitado falar sobre o coñecemento libre, as licencias Creative Commons e o dominio público.

“El conocimiento libre es aquel que puede adquirirse libremente, sin requerir ningún permiso, que puede compartirse con otros, puede modificarse de acuerdo a las necesidades, y permite que esas modificaciones se distribuyan de nuevo para beneficiar a todos”, 

Co comezo do movemento de software libre, da cal sale a definición exposta anteriormente, era preciso un tipo de licencias que permitiran que as publicacións non foran obxecto de apropiación de empresas e particulares para poder conseguir de este xeito un crecemento colectivo. A partir disto, apareceron as licencias Creative Commons, as cales teñen catro atributos básicos:

  • Recoñecemento: Calquera explotación da obra autorizada pola licencia fará falta recoñecer a autoría.
  • Non Comercial: A explotación da obra queda limitada a usos non comerciais.
  • Sen obras derivadas: A autorización para explotar a obra non inclúe a transformación para crear unha obra derivada.
  • Compartir igual: A explotación autorizada inclúe a creación de obras derivadas sempre que manteñan a mesma licencia ao ser divulgadas. Este fai referencia ao Copyleft.

A partir de estes catro atributos fórmanse combinacións formando deste modo seis posibilidades distintas.

Os tres niveles de licencias son: Código penal, humano e dixital.

Despois do xuízo realizado na clase sobre o caso de Alexandra Elbakyan, o cal ganou a defensa, decir que os artigos científicos deberían estar dispoñibles para todos xa que moitos destos son feitos gracias a diñeiron público. Polo que me parece unha gran idea a do software libre e as licencias Creative Commons xa que deste modo todos podemos acceder a cultura dunha forma totalmente gratuíta sen ter que pagar as grandes cantidades que cobran as editorias por só un artigo.

BIBLIOGRAFÍA:

Que son las Creative Commons, Paloma Cerdá Palau (2013). Recuperado de: https://riunet.upv.es/bitstream/handle/10251/32958/Creative_commons_AO.pdf?sequence=5

Conocimiento libre. Recuperado de: ttps://conocimientolibre.wordpress.com/sobre-conocimiento-libre/

 ¿Qué es el copyleft? Recuperado de: https://www.gnu.org/licenses/copyleft.es.html