"Haters" non todo vale.

Despois dun tempo sen publicar, debido ao Practicum I, volvemos a Stellae con gañas de seguir aprendendo e mellorando.
Estes días estiven lendo polo blog algunhas das entradas que publicaron os compañeiros e, en concreto, fixeime na publicada por Alejandra Buceta que fala sobre a noticia titulada “Nuevo algoritmo para detectar falsos usuarios en muchas redes sociales de internet”.

Esta noticia na que se pon de relevo a ciberseguridade recordoume moito a un tema que está de actualidade e que, fai uns meses, subía á palestra en todos os medios: o acoso mediante as novas tecnoloxías ou tamén chamado ciberacoso.

Este acoso é unha realidade cada vez máis estendida e que non se centra nun só grupo, pois podemos atopalo tamén noutros ámbitos como: as aulas, onde o acoso se realiza de menores cara a outros menores; ou o que denunciaban fai uns meses os chamados “influencers”, que reciben por parte de usuarios das redes sociais, a maioría baixo contas falsas ou o anonimato.

Nesta entrada non me centrarei no ciberacoso dentro das aulas, que cada día está máis presente e do que saen máis casos á luz afectando a nenos e nenas dunha curta idade, senón que falarei do ciberacoso que reciben personaxes públicos.

Fai uns meses, concretamente en xaneiro, a youtuber e instagramer galega Alexandra Pereira, máis coñecida como Lovely Pepa, subía un vídeo á súa canle de youtube co título “Oito anos de acoso”. Neste vídeo, dunha duración de 30 minutos, a influencer denunciaba o acoso recibido cara ela dende que comezara a ser coñecida, en concreto nun foro da famosa revista Vogue. En dito foro, Alexandra recibía ameazas de morte, aturaba insultos de todo tipo cara a ela e tamén cara a membros da súa familia, publicaban direccións persoais, etc.

Cando saíu a noticia, persoalmente, sorprendeume porque aínda que estamos acostumadas aos famosos “haters” parecíame raro que unha persoa tan coñecida como Alexandra, permanecera tanto tempo en silencio e sen facer ningún tipo de declaración ao respecto. Porén, non lle din demasiada importancia, xa que por todos é coñecido este acoso cara os personaxes públicos tanto nas redes sociais como, ás veces, nalgúns programas de televisión. Pero despois de todo o que falamos durante o curso, sobre as novas tecnoloxías e o seu uso pareime a reflexionar un pouco neste suceso e a analizalo.

Dende o meu punto de vista, moitas persoas cren que, detrás dunha pantalla e baixo o anonimato, poden dicir o que queiran sobre estas persoas que son dalgún modo “públicas”, e non comprenden que a humillación, as inxurias e as difamacións non son válidas cara a ninguén. Por isto, estou moi de acordo con algo que se trata no vídeo e é que cada usuario debe poñer os datos verídicos e comprobalos, pois estou segura de que moitas persoas non publicarían certas cousas se están co seu nome.

Despois da publicación deste vídeo, Vogue decidiu retirar o seu foro histórico e púxose en contacto con varias das persoas ás que se atacaban nestes foros. E si, penso que a retirada deste foro é acertada, pero non creo que sexa suficiente, posto que en primeiro lugar, se realizou despois de que unha persoa o denunciase publicamente e fose apoiada por miles de persoas e, en segundo lugar, o peche deste foro non implica que noutros foros a xente actúe da mesma maneira.

A continuación deixarei o vídeo ao que se fai referencia:


 

Comentarios

  • Loreto doallo Durán

    Hola Uxía,

    Me parece muy interesante el tema que propones, ya que es un tema muy actual y creo que no se le dá la importancia que se merece. La importancia de las redes sociales y por tanto de los "influencers" es un hecho hoy en día. Desde mi punto de vista, el trato que se le da a estos, podría ser un reflejo de como nos tratamos los unos a los otros, es decir, pese a que el volumen de acoso que reciben los "influencers" es mucho mayor debido a su número de seguidores, es una realidad que vive mucha gente hoy en día.

    Aunque desde luego el anónimato tiene un gran papel en esta área, creo que también hay que tener en cuenta el papel de la libertad de expresión, ya que mucha gente se excusa en ella para poder difamar a personas desde diferentes seudónimos. Considero que ahí está el quid de la cuestión, en educar a las personas de manera que utilicen esta libertad de expresión de manera responsable, entendiendo sus limites y aprendiendo a respetar la libertad de los demás.

  • Uxía Adán

    Boas Loreto!

    Na miña opinión, tes toda a razón en que este acoso que reciben os influencers é un reflexo da sociedade actual. Tamén o punto da liberdade de expresión ten moita importancia, pois moita xente pensa que a liberdade dá dereito a "meterse" cos demais, pero non ten en conta que o respeto é outro dereito fundamental.

    Na entrada falei tamén sobre a necesidade de acreditar os datos reais, posto que me parecía un punto polo que comezar, pero si é verdade que esto non é suficiente, xa que é fundamental a educación como ti dis.