Libro de papel vs. libro electrónico

Boas compañeirxs! Como ben sabedes, o pasado 23 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro. Con motivo disto, pensei que sería interesante reflexionar sobre o tema que a continuación vos menciono:

As novas tecnoloxías tamén inflúen na forma de ler da sociedade. De feito, o 73.3% dos españois maiores de catorce anos lee algún contido en soporte dixital, o que supón un incremento de 18 puntos con respecto a 2012. Un exemplo disto son os libros electrónicos, dos cales ata fai uns anos atrás se facía menor uso que, por exemplo, da prensa ou das redes sociais. Pero cabe dicir que nos últimos anos, este fenómemeno, tivo un gran incremento. 

Investigando sobre o tema, e en relación á dicotomía entre o libro de papel e o libro electrónico, recentemente  tivo lugar un evento en Madrid titulado ¿Cómo leemos en sa sociedad digital? no que se trataton temas de actualidade con respeto á lectura de libros de papel vs. libros electrónicos.

O libro electrónico ofrece un gran abanico de vantaxes, e unha delas é que permite levar e ler, ao mesmo tempo, miles de libros, independentemente das páxinas que teña cada un deles. Ademais, tamén ofrece comodidade, aforro de espazo, etc. Tampouco pesa, e se non che gusta ou rematas un libro, podes comezar a ler outro no mesmo instante. 

Pero non debemos olvidar que se trata dun producto tecnolóxico, polo que para o seu uso se precisan uns coñecemento previos, para así saber onde e como obter libros para instalalos no dispositivo. 

A partir da miña experiencia persoal e, sobre todo, como apaixoada da lectura na praia, considero que os libros electrónicos non ofrecen unha serie de oportunidades como as anteriormente nomeadas,capaces de facilitarnos a lectura, indudablemente. Ademais de proporcionarnos unha nova metodoloxía e forma de leer e analizar do que estamos acostumados a facer. Pero, aínda tendo presentes todas as vantaxes que ofrece, eu decántome polo libro de papel sen lugar a dúbidas. Un dos motivos é que me gusta sentir o grosor do libro e pasar as páxinas, podendo observar así as páxinas restantes para rematar o libro. Ademais disto, tamén debo dicir que o libro de papel me fai concentrarme e conectar máis coa historia, facéndome sentir totalmente identificada.

A continuación déixovos un vídeo moi interesante sobre o tema a tratar, polo que vos animo a que todxs o vexades!

Agora que se achega o período de praia e calor, gustaríame saber quenes de vós, ao igual que min, sodes amantes da lectura na praia, e se preferides o formato electrónico ou en papel. Animádesvos a compartir comigo a vosa experiencia?

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios

  • Ángela González Villa

    Hola María! Ao igual ca ti, considero que o libro electrónico é un gran recurso para a lectura, pero, tamén considero que non debemos esquecernos do libro tradicional. Polo tanto, na miña opinión o ideal é unha combinación de ambos para, de esta forma, gozar da lectura adaptando o formato do libro as nosas necesidades do momento, é decir, como ti ben dis, por exemplo a comodidade do libro electrónico na praia.

    Levando esta temática o terreo educativo, considero que a iniciación da lectura nos nenos resulta máis enrriquecedora en formato papel, os nenos poden ver mellor as letras, os debuxos, tocalos, desenvolver a motricidade fina a medida que se van pasando as páxinas... Estades de acordo conmigo?

    Un saúdo!

  • María Rodríguez Miguéns

    Moitas grazas pola túa aportación, Ángela! 

  • Alexandra Rodríguez Gil

    Hola María! Yo por mi parte tengo una postura diferente a la de Ángela. Si bien me parece que es necesairo combinar la lectura, tanto en soporte digital, como en físico, para cuestiones como leer artículos pararrealizar trabajos, me parece ideal el formato digital. Sin embargo, yo que me considero amante de la lectura, estoy totalmente en contra del libro electrónico. Para mí, parte de la magia se encuentra en tener entre tus manos el libro, notar y sentir sus páginas y sentir el olor que desprende cuando tienes entre tus manos un libro recien comprado, ¡no hay nada mejor que eso! Por esto, yo por mi parte ahora que llega el verano haré como siempre, iré a la playa con un buen libro en el bolso. 

    Por cierto, gracias porque me acabas de dar unaidea para mi próximmo post :)

    Un saludo!