Tecnoloxía e desigualdade

A tecnoloxía pode xerar desigualdades...

Estes días estiven traballando no meu proxecto de intervención do Prácticum I de Pedagoxía, no cal a tecnoloxía é o piar fundamental, e a través do cal me decatei da grande desigualdade existente que hai respecto a este ámbito.

Como se indica no periódico El Mundo (2017) , un dos procesos máis deprimentes dos últimos anos é que a megatecnoloxía reforzou a megadesigualdade. Isto débese, como se mostra en El País (2011), a que o avance da tecnoloxía e da globalización  favoreceron enormemente á mano de obra altamente cualificada, o que axudou a xerar niveles de desigualdade no que ao ingreso e á riqueza do mundo se refire. Pero isto non ten por que ser así, posto que as innovacións tecnolóxicas tamén poden empregarse para que poidan estar en igualdade de condicións e impulsar oportunidades como por exemplo: facer que sexa máis doado encontrar nenos e nenas con talento ou reducir os costes da prestación de servizos que precisan de moita man de obra (El Mundo, 2017). 

Por outra banda, cabe mencionar que as desigualdades non só se dan no sector económico senón tamén con respecto a outros colectivos. Como mostra Corrales Castilla (2016), durante as últimas décadas estamos sufrindo grandes cambios tecnolóxicos, os cales teñen un reflexox na sociedade moito máis latente que épocas anteriores. En ocasións, por falta de información e formación moitas persoas con discapacidade non teñen a posibilidade de aproveitar os beneficios que as tecnoloxías dixitais lles ofrecen. Estas desigualdades débense á falta de dispositivos ou de dispositivos obsoletos, debido a dificultades económicas que proveñen de pensións insuficientes, ou ben a unha escaseza de formación regrada, que impide as persoas con discapacidade facer uso das tecnoloxías dixitais de forma eficiente e autónoma.

Podería por moitos exemplos máis, pero considero que con estes dous xa se mostra gran parte da desigualdade que poden xerar as novas tecnoloxías. Con este post non busco dicir que as tecnoloxías sexan malas senón que así como teñen vantaxes estas tamén posúen numerosas desvantaxes que como pedagogas debemos ter en consideración.

E a solución a esta problemática... cal sería?

BLIBLIOGRAFÍA E/ OU WEBGRAFÍA

Corrales Castilla, J.M. (2016). Diseño de un programa de alfabetización digital para personas con discapacidad. Estudio de caso de la comarca del Campo de Gibraltar: Apropadis 2.0. (Tese fin de Máster). UNED, España. Recuperado de: http://e-spacio.uned.es/fez/eserv/bibliuned:masterComEdred-Jmcorrales/Corrales_Castilla_JoseManuel_TFM.pdf

Rogoff, K. (28 de agosto de 2011). Tecnología y desigualdad. El País. Recuperado de: https://elpais.com/diario/2011/08/28/negocio/1314537267_850215.html

Wooldridge, A. (30 de xaneiro de 2017). Tecnología y desigualdad. El Mundo. Recuperado de:  http://www.elmundo.es/economia/2017/01/25/5888837d468aeb5d598b45df.html

Comentarios

  • Lucía Lareo

    Bos días Noelia, estou totalmente dacordo co teu post e cos argumentos que plantexas no mesmo. Gustaríame reforzar ditos argumentos co seguinte dato: Londres é onde están case todas as empresas de tecnoloxía, as cales se están facendo ricas e lideran o crecemento económico da capital. Pero, o este de Londres é unha das zonas máis pobres de Europa, e moita xente non ten os mesmos contactos, redes ou educación. Hackney é o barrio con maior brecha dixital (26%) da cidade. 

    Ademáis, gustaríame recuperar unhas palabras de Langdon Winner: "Lo que importa no es la tecnología en sí, sino el sistema económico o social en el que está. Es su determinación social. Hay quien se centra, sin crítica, en 'los efectos sociales del ordenador' pero no ve más que el aparato y no se da cuenta de las circunstancias sociales en las que se ha desarrollado".

    Si quieres seguir leyendo sobre el tema te invito a ver la siguiente noticia: https://www.eldiario.es/hojaderouter/tecnologia/tecnologia-desigualdad-londres-tech_city_0_292220823.html

    ​Referencias bibliográficas

    ​Plaza, A. (18 de agosto de 2014). Ricos contra pobres: la brecha social de la tecnología y el ejemplo de Londres. ElDiario.es​. Recuperado de https://www.eldiario.es/hojaderouter/tecnologia/tecnologia-desigualdad-londres-tech_city_0_292220823.html

     

  • Noelia Suárez

    Boas Lucía,

    Tras ler o documento que me recomendaches, puiden comprobar que o problema do cal eu trataba no meu post é máis grave do que cría, pois non só a tecnoloxía xenera desigualdades en canto ao acceso a ela, senón que en lugares onde a tecnoloxía ten moita pegada como o que sinalas ti, Hackney, é onde as desigualdades están máis vixentes. Cres que a tecnoloxía actualmente emprégase como medio para facer a uns máis ricos e aos demais máis pobres? Porque, aínda que considero que nons pode aportar moito, a tecnoloxía quítanos máis do que pensamos. 

    Unha solución a este problema poderían ser programas de sensibilización e novas políticas educativas que busquen solventar estas difcultades e problemáticas, como ben se indica en Ricos contra pobres: la brecha social de la tecnología y el ejemplo de Londres.

    Pero para rematar, gustaríame destacarche o feito de que a tecnoloxía non só xera desigualdades económicas senón que pode incluso fomentar a exclusión social de determinados colectivos como ao que me refería no post. 

    Grazas polas túas aportacións, un saúdo.