Bulos, Fake News e consecuencias.

Na última clase fixemos unha actividade relacionada coas fake news e estivemos falando sobre este tipo de noticias, que hoxe en día son moi comúns en internet. Por iso me gustaría afondar un pouco máis sobre os bulos ou fake news que se transmiten polas redes e que se espallan a unha velocidade incrible.

En primeiro lugar, gustaríame reflexionar sobre a facilidade e rapidez coa que algo se pode divulgar por internet. Para isto falamos o outro día sobre o experimento de Nico, realizado por unha profesora o ano pasado que quería amosarlle aos seus alumnos de 3º da ESO a rapidez coa que pode correr unha imaxe, noticia ou vídeo por internet. Esta fotografía, creada polos alumnos, foi compartida a través das diferentes redes sociais (Facebook, Whatsapp, Instagram, Telegram) e en menos dun día xa chegara a miles de españois e a outros países.

Captura de pantalla 2018-04-30 a las 20.27.58.png

No meu caso, esta imaxe chegoume por varias redes e, sobre todo, por varios grupos de whatsapp. Nun primeiro momento sorprendeume, xa que esta imaxe ía acompañada dunha pequena descrición que dicía o porqué desa fotografía. Pero o que realmente me asombrou non foi a imaxe en si ou o experimento, senón a pouca conciencia que na realidade temos a sociedade cando subimos unha foto a unha rede social, por exemplo.

Este experimento fíxome pensar sobre o alcance que pode ter todo o que se publica a través de internet, e fíxome cuestionarme que pasaría se iso que se publica ademais de espallarse con tanta rapidez, é falso? E se esa noticia lle afecta, por exemplo, a unha persoa?

Este é o caso de Francisco Canas, vítima dun bulo por internet.

Fai uns días saía nas noticias un vídeo dun atraco a unha persoa maior cunha violencia desmedida, este foi publicado pola policía para axudar a atopar ao atracador. Porén, antes de que se identificara ao verdadeiro atracador, a foto de Francisco Canas correu por todas as redes sociais cunha mensaxe bastante clara: “Este é quen agrediu e roubou o bolso en Alxeciras a unha muller de 64 anos e as imaxes saíron no telexornal. Está en busca e captura. Pásao.” Rapidamente o bulo estendeuse por internet, chegándolle a moitos familiares que non sabían como paralo. Por sorte, a policía, no seu Twitter colgou esta mensaxe “Si te ha llegado esta imagen, NO la creas ni la difundas. ES FALSO.  Esta persona NO es la que cometió la agresión a una mujer en Algeciras este fin de semana. No difundas #BULOS 

Aínda que é verdade que o mal xa estaba feito, pois moitas persoas viron a imaxe e pensaban que o verdadeiro culpable era Francisco.

Todo isto fíxome reflexionar moito en como unha Fake New pode chegar a arruinarlle a vida a unha persoa que ten un traballo, unha familia, amigos, responsabilidades, e que dun día para outro se pode ver envolta nun bulo de internet. Engadido a isto, pareime a pensar que cando se desminte unha información, a repercusión é moito menor que cando se trata de difundila, o que ocasiona graves problemas.

Para concluír gustaríame facervos unha pregunta: cando nos chegan noticias por medio das redes sociais e, sobre todo, cando son acusacións sobre persoas particulares, filtramos a información ou compartimos inmediatamente?

Adxunto a noticia sobre o caso de Francisco Canas: https://politica.elpais.com/politica/2018/04/20/actualidad/1524223883_940842.html

Comentarios

  • Eva

    Totalmente de acuerdo Uxía. Sin embargo, creo que para el desarrollo de la sociedad, la existencia de fake news tiene más importancia en otros ámbitos.

    Está claro que en los casos que presentas en tu publicación la infomación que se difunde afecta a una persona en concreto y puede ser muy perjudicial para la misma. Aún así, creo que, en la mayoría de los casos, cuando se desvela que se trata de una información falsa, no suele acabar trascendiendo de forma grave.

    No pasa lo mismo si lo aplicamos, por ejemplo, a la política. A este nivel, cuando una noticia falsa se difunde suele tener más trascendencia, además de que suele ser utilizada con el fin de desprestigiar a personas, movimientos o ideologías, logrando un alcance y una influencia en la población muy importante y peligrosa, ya que se basa en una mentira o manipulación.

    Los medios, que deberían estar al servicio de la población, son cómplices en muchos casos de la creación y difusión de este tipo de noticias por intereses propios. Así que no nos queda otra que hacer curación de contenidos y contrastar siempre la información.

    Un saludo!

  • Uxía Adán

    Boas tardes Eva! Pois si, é verdade que as Fake News teñen máis importancia noutros ámbitos, como ti dis na política, ideoloxías, movementos... pois xa vimos o que pasou en Estados Unidos nas últimas eleccións. 

    O que pasa é que eu nesta entrada quería centrarme un pouco no que pode pasar cando unha Fake New lle afecta a unha persoa "anonima" ou que non ten moita relevancia pública, posto que penso que se nos poñemos no seu lugar, podemos entender as consecuencias que teñen estas. Pero claro que a importancia noutros ámbitos é maior.

    Por último, a curación de contidos e contrastar como ti dis, é fundamental, e penso que non se lle da a importancia que debería, pois tampouco moita xente se para a falarnos desto cando somos pequenos, por exemplo. 

    Un saúdo.

  • Andrea Balseiro Ferreiros

    Boa tarde Uxía!

    Con respecto a este tema, dicir que me parece desmedido a rapidez coa que poden fluir as cousas por Internter e nunca sen saber o dano que se pode estar ocasionando por dertrais, pois como ben dis non chegamos a contrastar a información. En moitos casos as noticias son verdadeiras, pero en moitos outros, estámonos atopando ante Fake News.

    No que respecta a miña persoa, teño que recoñecer, que si ao meu teléfono chega unha noticia (seña pola vía que seña), a cal me chama a atención e considero importante o feito de compartila, asumo a culpa de que as veces non a chego a contrastar, e dista maneira estou contruibuindo a difundir un bulo o cal probablemente non será certo, e como consecuencia estará a afectar a terceiras persoas. 

    Así e todo, si que é certo que igual de rápido que se difunde unha Fake New, tan pronto se sepa que é falsa, a difusión tamén chega a ser igual de rápida, pero...¿Que pasa co dano que xa está ocasionado? Quen soluciona os danos causados? chega a ter lugar o perdón?

    Dito isto, hai que ter moito coidado ca información que manexamos e da maneira que o facemos, polo que aprobeito  para lanzar a seguinte pregunta ¿Que poderiamos facer para acaabar coas Fake News e con todo o que estas acarrean?

    Moitas grazas pola túa aportación compañeira. Un saúdo !